Monforte de Lemos, 29 de xaneiro de 2021. O Concello de Monforte colabora un ano máis coa festividade de San Blas, que terá lugar o vindeiro mércores 3 de febreiro, e neste senso o Alcalde, José Tomé Roca, recorda que, “por mor da situación derivada da crise sanitaria da Covid-19, será especiamente necesario cumprirse todas as medidas de hixiene e distanciamento social establecido polas autoridades sanitarias”.
Desta forma, os horarios das misas que se celebrarán o vindeiro mércores día 3 de febreiro serán:
• Na igrexa da Régoa: ás 11 da mañá, a misa principal, e ás 6 da tarde.
• Na igrexa dos Escolapios: ás 7 da tarde.
As restricións de aforo establecidas polas autoridades sanitarias por mor da Covid-19, en base ó Decreto 8/2021, do 26 de xaneiro, polo que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada no marco do disposto polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2, limitan a un terzo a capacidade dos templos. Deste xeito os aforos serían:
- Na igrexa da Régoa: máximo de 70 persoas
- Na igrexa dos Escolapios: máximo de 100 persoas.
Ademais, deberán cumprirse todas as medidas de hixiene e distanciamento social, e segundo a nova normativa, non estarán permitidos actos no exterior dos templos.
Neste senso, infórmase dende a Parroquia da Régoa de que non se vai baixar a imaxe de San Blas de San Vicente, porque non se van poder pasar as cintas pola imaxe. Tampouco se venderán cintas, e nos actos litúrxicos so se bendicirán as cintas e rosquillas que a xente previamente traia consigo.
As misas serán retransmitidas en directo polo Facebook da Parroquia da Régoa (@RegoaMonforte).
“Dende o Concello”, conclúe o Alcalde, “colaboramos para que a celebración do San Blas deste ano sexa segura, para todos en veciños e veciñas de Monforte.”