Monforte de Lemos, 13 de maio de 2021. O Concello de Monforte informa que ven de procederse a cortar o tramo do paseo fluvial que, con entrada pola Rolda María Emilia Casas Baamonde (inicio circunvalación), transcorre paralelo entre a horta do Convento-Asilo de anciáns e o río Cabe, ten saída no Paseo do Malecón, xunto ó transformador.
O corte deste tramo do paseo fluvial é debido a unha deficiencia detectada na pasarela situada en dito paseo, en concreto, a rotura dunha viga, que impide transitar ós viandantes con seguridade pola mesma.
Deste modo, o paseo permanecerá cortado temporalmente mentres non sexa reparada esta estrutura, a fin de garantir a seguridade dos seus usuarios.
Dende o Concello agradécese a comprensión dos veciños e rogamos desculpen as molestias que estas circunstancias poidan ocasionar.