A Rede de Xudarías celebra á súa 59ª Asemblea xeral ordinaria coa participación da 1ª Tenente de Alcalde de Monforte

Monforte de Lemos, 29 de marzo de 2022. Na xornada de hoxe, a Rede de Xuderías de España celebrou a súa 59ª Asemblea Xeral Ordinaria, presidida polo actual Presidente da Asociación e Alcalde de Lucena, Juan Pérez, e na que tamén participou a primeira Tenente de Alcalde de Monforte, Gloria Prada. Aínda que nesta ocasión a cita foi telemática, Lucena traballa xa na preparación dun novo encontro que reúna na cidade andaluza ós representantes da asociación.

Os participantes puideron compartir as inquietudes e como a nova situación xeopolítica internacional está de novo poñendo a proba ós nosos destinos.

Ademais de Monforte de Lemos, asistiron as cidades de Ávila, Barcelona, Béjar, Cáceres, Córdoba, Estella-Lizarra, Jaén, León, Lucena, Lorca, Sagunto, Tarazona, Toledo, Tudela e Tui.

No transcurso da orde do día, aprobáronse as contas anuais de 2021, e compartiuse e aprobou o proxecto de axudas estatais do Programa “Experiencias Turismo España, que a Rede de Xuderías presentará antes do 20 de abril co fin de poder levar a cabo un proxecto de desenvolvemento de xestión turística de experiencias nas cidades que integran a Asociación.

Ademais, a Rede de Xuderías intensifica a súa posición en Europa, e por iso contouse na Asemblea co apoio da Asociación Europea do Patrimonio Xudeu (AEPJ). O seu Director, Víctor Sorenssen, así como o Vicepresidente da Rede de Xuderías de Portugal e Alcalde de Castelo de Vide, Antonio Pita, foron invitados de excepción, nunha Asemblea na que trasladaron a todos os representantes os proxectos que lles vinculan e nos que traballan conxuntamente coa Rede de Xuderías de España.