O Alcalde informa que a partir de hoxe luns volven a estar abertas ó público as pistas de atletismo do campo da Pinguela

Monforte de Lemos, 20 de xuño de 2022. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, ben de informar que hoxe luns 20 de xuño abrirán novamente ó público as Pistas de Atletismo Saleta Fernández López, a partir das 15:00 h, unha vez que a empresa encargada das obras de renovación do terreo de xogo do Campo Municipal de Fútbol da Pinguela rematara a primeira fase das mesmas durante a pasada fin de semana.

Durante esta primeira fase das obras, que obrigou ao peche das pistas de atletismo debido á utilización de maquinaria pesada para levalas a cabo, realizouse a retirada da cuberta vexetal existente así como a descompactación do terreo de xogo.

Posteriormente, a empresa encargada das obras levou a cabo o subministro de área silicea e procedeu ó sementado de toda a superficie do terreo de xogo cunha fórmula específica para campos de fútbol.

“Rematada a primeira fase das obras”, explicou José Tomé Roca, “que concluíu co sementado do novo céspede, a empresa encargada de realizar os traballos levará a cabo o control da evolución do nacemento de dito céspede aplicando os tratamentos e abonados necesarios ata que o terreo de xogo estea listo para poder acoller partidos de competición”..       

 A empresa encargada de realizar a obras foi “Calfensa Proyectos S.L.” e contou cun presuposto de 48.309,25 €.