O Alcalde de Monforte preside os actos na honra de San Antonio

Monforte de Lemos, 13 de xuño de 2022. Como é tradición, hoxe, Día de San Antonio, volvéronse a celebrar os actos das honras ó santo, sendo día festivo en Monforte.

Desta forma, a comitiva institucional, encabezada polo Alcalde, José Tomé Roca, así como diversos membros do Equipo de Goberno, partiu da Casa do Concello para asistir, ás 12.30 horas, á misa na honra de san Antonio.

Tras a celebración eucarística, tal e como marca a tradición, tivo lugar unha procesión coa imaxe polas rúas próximas á igrexa.

“O San Antonio, que é festivo local no noso Concello xunto co Martes de Pascua, é unha festa que, celebrándose no centro da cidade, no barrio de San Antonio, mantén a esencia dunha festa relixiosa popular que ten moita devoción e moitos participantes”, manifestou o rexedor monfortino.

Para a cidade de Monforte creo que é moi importante que se vaian recuperando as actividades que desenvolvíamos con normalidade antes da pandemia. E, tras celebrar en febreiro o San Brais, e en abril a Feira Medieval e o Martes de Pascua, agora tocounos festexar o San Antonio como se merecía”.