O Concello gaña o preito sobre o regulamento da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Monforte

Monforte de Lemos, 20 de setembro de 2022. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informa dunha nova sentenza favorable ó Concello monfortino, esta vez en relación co regulamento da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Monforte, aprobado polo Pleno municipal o 27 de xullo de 2020.

En concreto, trátase da Sentenza 172/2022 do 7 de setembro ditado polo Xulgado do Contencioso Administrativo nº 2 de Lugo, relación co recurso contencioso administrativo interposto por César Jesús Martínez Rodríguez, que ostentaba no momento da presentación do recurso o cargo de presidente da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil nº 159 de Monforte de Lemos, contra citada aprobación do regulamento municipal desta agrupación de voluntarios.

O obxecto do recurso interposto polo citado presidente da agrupación, tal e como di a sentencia, “sería, no tanto el contenido del reglamento, sino la eventual “municipalización de una asociación privada que tiene su propia personalidad jurídica”, argumentando “que la resolución de la Administración se opone al hecho de la existencia de una agrupación de voluntarios de protección civil ya constituida como asociación privada, no permitiendo la normativa la existencia de dos agrupaciones municipales”.

Neste senso, o demandante solicitaba a nulidade do novo regulamento municipal aprobado alegando que “o Concello de Monforte de Lemos non é competente para aprobar o regulamento obxecto deste recurso, dado que non está constituindo una nova asociación, senón que o regulamento refírese a unha Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, que xa está creada, constituída e rexistrada legalmente desde o ano 1995”.

Sen embargo, o Concello contestou que “la agrupación existente ya fue creado por el Concello, registrándose como tal en el registro de agrupaciones de protección civil autonómica, regulándose por un reglamento municipal aprobado por el pleno del Concello de 29-1-1996, hasta el punto de que se ha tramitado la baja de la misma ante el registro autonómico, a instancia del Concello, procediendo a la misma el 19-7-2021 por el Director Xeral de Emerxencias de la Xunta de Galicia”.

Ademais, a resolución da Xunta pola que se procede á baixa desta agrupación de voluntarios de protección civil de Monforte de Lemos, “identificada con el número 159 y con el mismo CIF que señala el recurrente en su recurso, acredita que existió una agrupación inicial del Concello de Monforte de Lemos, la número 36, que se registró en 1992 y se dio de baja en 1988, siendo dada de alta la número 159 el 17-4-1998, siendo regulada por unos estatutos municipales aprobados el 29-1-1996, que contempla la dependencia directa del alcalde presidente del Concello”, polo que decae o carácter de agrupación privada argumentado polo demandante.

Por outra banda, a Lei galega 5/2007, de emerxencias de Galicia, DOGA nº 94 de 16 de maio, sinala, no seu artigo 27 como competencia dos concellos, “crear el servicio municipal de protección civil y gestión de emergencias, regulando en su párrafo 21 las funciones del titular de la alcaldía en caso de contar con dicho servicio”.

Ademais, esta lei sinala que non poden concorrer máis dunha agrupación deste tipo por Concello, e que “tendrán la consideración de agrupaciones de Voluntarios de Protección Civil (en adelante, AVPC) las asociaciones legalmente constituidas, al amparo de la Ley de asociaciones y las agrupaciones integradas en el seno de los ayuntamientos”, sendo todas as súas actuacións en materia de protección civil, autorizadas, coordinadas e dirixidas pola autoridade local correspondente.

 

Sentenza a favor do Concello de Monforte

Por todo elo, analizado o caso polo Xulgado Contencioso-Administrativo nº 2 de Lugo, este sinala que “nos encontramos ante una agrupación de voluntarios de protección civil de creación municipal, sin que la parte recurrente haya acreditado, mediante la simples presentación de la escritura fundacional, que nos encontremos ante una asociación privada registrada”.

A partir de ahí”, conclúe o dictame do Xulgado, “decae toda la argumentación del recurrente para denunciar una especie de municipalización de una asociación de derecho privado que hayan constituido sujetos privados”, polo que desestima o recurso interposto, e dálle á razón ó Concello de Monforte, na súa sentenza  172/2022 do 7 setembro.

O Alcalde amosou a súa satisfacción “por esta resolución que ven de dar a razón ó Concello, e que permite que a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Concello de Monforte siga desenvolvendo as súas competencias e servizos ó amparo co Concello de Monforte, como agrupación municipal que é”.