Monforte de Lemos, 17 de maio de 2022. O Concello de Monforte de Lemos e a Red de Juderías de España, organizn para o venres 20 de maio ás 20:00 h na praza do Doutor Goyanes o concerto "Travesías" de Liliana Benveniste, concerto de cancións da tradición sefardí en lingua xudía-española.
As antigas e nostálxicas cancións sefardíes, que tanto camiño levan andado por oriente e occidente, fan agora unha nova viaxe da man de Liliana Benbeniste.
O repertorio sefardí inclúe cancións de amor, relatos de historias, temas humorísticos e escenas del ámbito paralitúrxico.
Liliana Benveniste, nada en arxentina e descendente de sefardís de Turquía, agrega a tal repertorio tangos arxentinos en unha singular versión en ladino. O seu prestixio no mundo artístico levouna a actuar en múltiples escenarios de Europa e América, recentemente tivo da man do Centro Sefarad-Israel e do Instituto Cervantes ocasión de actuar en Marrocos.
Nesta ocasión Liliana Benveniste ofrece un espectáculo titulado "Travesías" que recolle cancións da tradición sefardí de variados estilos e lugares xunto con cancións contemporáneas en lingua xudía-española, froito do traballo de búsquea e creación desenrolado por ela mesma. Trátase en definitiva dunha viaxe musical a través da xeografía que albergou ao pobo xudeu logo da expulsión de 1492 e ata os nosos días.