A Xustiza dálle á razón ó Concello ante a alegación interposta por Construcciones y Contratas Sánchez S.L. contra o proxecto da Zona C

Monforte de Lemos, 10 de marzo de 2022. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informa dunha nova sentenza favorable ó Concello monfortino, esta vez en coa denominada Zona C, que comprende os terreos ubicados entre a rúa Rof Codina e o barrio de Cobas.

En concreto, trátase do Auto e a Dilixencia de Ordenación ditados polo Xulgado do Contencioso Administrativo nº 2 de Lugo, relación co recurso contencioso administrativo interposto pola empresa Construcciones y Contratas Sánchez S.L. contra a resolución do Concello de Monforte de Lemos notificada en data 6 de setembro de 2021 no expediente do proxecto de parcelación de Cobas desestimatoria do recurso de reposición interposto por dita empresa.

Esta empresa alegaba que, contando con unha parcela ubicada na denominada Zona C, o inicio das obras planificadas para urbanizar dita zona e dotala de servizos suporía un “perjuicio irreparable” e causaría “daños de imposible o muy difícil reparación”.

Para elo, a empresa fundamenta no seu escrito “que en la parcela se va a proceder a la ejecución de obra consistente en trabajos de demolición y construcción de inmuebles cuyo pliego de contratación fue publicado en la plataforma de contratación del sector público el 9-09-2021 por el Concello de Monforte como adjudicataria alegando que en caso de continuar las obras en la parcela propiedad de la mercantil con referencia catastral indicada en la que se encuentran construcciones con destino industrial, oficinas, vivienda y almacén”.

Sen embargo, no seu Auto, o número 112/2021 do 1 de decembro de 2021, o Contencioso Administrativo nº 2 de Lugo, unha vez analizada a alegación presentada pola empresa, entende que “ésta es genérica y endeble en cuanto a prueba dado que no se sustancia en nada concreto, limitándose a la mera alegación sin que se aporte principio de prueba concreto”.

Ademais, tamén incide o Auto, en que “resulta prevalente el interés público frente al interés particular, sin que la parte a quien corresponde, en este caso a la mercantil, haya acreditado ni explicado que su interés privado es prevalente al del Concello de Monforte, puesto que no ha ofrecido ponderación de los intereses en juego frente al interés público”.

Entón o xulgado estableceu no seu Auto medidas cautelares condicionando á empresa á presentación dun aval solidario cuxa contía debería cubrir o importe dos perxuízos da non execución da obra, cifrada en 350.116,75 euros.

Para elo, a empresa dispuxo dun prazo de 5 días, logo do cal o aval non foi presentado, aspecto que se recolle na Dilixencia de Ordenación emitida polo citado xulgado, o 11 de xaneiro de 2022: “transcurrido el plazo conferido en Auto de fecha 01-12-2021, para que por la parte recurrente “Construcciones y Contratas Sánchez S.L.”, constituyera la caución acordada en dicho auto, sin que conste haberlo hecho”.

Así, a Dilixencia dá á razón ó Concello admitindo nun so efecto o recurso de apelación interposto polo Concello de Monforte contra o Auto do 1 de decembro de 2021, e polo tanto, permitindo seguir adiante coas obras xa iniciadas na Zona C, a mediados do pasado mes de xaneiro.

O Alcalde amosou a súa satisfacción “por esta resolución que ven de dar a razón ó Concello, e que nos permite seguir adiante co proceso construtivo que iniciamos a mediados do pasado mes de febreiro para  urbanizar e dotar de servizos á Zona C, que comprende os terreos ubicados entre a rúa Rof Codina e o barrio de Cobas, proxecto que sen dúbida cambiará a fisionomía da nosa cidade”.

 

Antecedentes

O terreo, denominado “Zona C”, foi calificado como solo urbano non consolidado, polo Pleno do Concello de Monforte celebrado o 12 de abril do ano 2000, fai máis de 20 anos, sendo publicado no BOP de 26 de abril e publicado no DOG de 27 de abril dese mesmo ano. Mediante ese acordo plenario produciuse unha modificación das Normas Subsidiarias de Planeamento Municipal, que permiten urbanizar esas zonas e poñelas ó servizo da cidade de Monforte.

Para poder levar a cabo esta urbanización, o primeiro paso dado foi levar a cabo o Proxecto de Reparcelación da “Zona C”, desenvolto pola empresa MONSA Urbanismo, e aprobado inicialmente na Xunta de Goberno do Concello, en data 23 de novembro de 2020.

O 9 de decembro de 2020, iniciouse o proceso de  notificación ós donos das parcelas afectadas por este proxecto, notificación que foi realizada polos Axentes da Cidadanía do Concello, domicilio a domicilio.

O seguinte paso foi a exposición pública durante un mes, que empezou a contar dende a notificación ós afectados polas fincas que se reparcelan.

A aprobación do proxecto definitivo así como a resolución das alegacións presentadas tivo lugar en Xunta de Goberno deste Concello o pasado 16 de xuño de 2021.

Rematados estes trámites administrativos, dende o Concello procedeuse a elaborar o proxecto construtivo, que unha vez elaborado, foi presentado hoxe polo Alcalde xunto co anuncio da licitación das obras do citado proxecto.

Unha vez adxudicado e contratada a empresa adxudicataria, Misturas Obras e Proxectos S.A. por un importe de 915.225,85 euros (IVE engadido), o Concello iniciou o pasado 18 de xaneiro as actuacións encamiñadas a urbanizar e dotar de servizos á Zona C. O remate das obras está previsto que sexa, se todo avanza segundo os prazos determinados, estímase no verán deste ano 2022.