O Alcalde fai entrega dos premios de Poesía de Nadal 2023 do Concello de Monforte

Monforte de Lemos, 15 de febreiro de 2023. Na mañá de hoxe, o Alcalde, José Tomé Roca, acompañado pola Concelleira de Cultura, Ensino e Xuventude, Marina Doutón Rajo, fixo entrega, na Biblioteca Pública, dos premios do concurso municipal de Poesía de Nadal 2023 ós nenos e nenas que resultaron gañadores do mesmo.

Os premios foron fallados polo xurado o martes día 10 de xaneiro e na mañá de hoxe procedeuse a entregarllos aos gañadores. No concurso participaron nenos e nenas de entre 9 e 15 anos de idade establecéndose para facer as valoracións dúas categorías diferentes de participantes divididas por tramos de idade. Na primeira categoría denominada “Categoría B” s os participantes tiñan entre 9 e 11 anos y na segunda categoría, denominada “Categoría C” os rapaces que concursaron tiñan entre 12 e 15 anos. O concurso foi convocado pola Biblioteca Pública Municipal Poeta Lois Pereiro de Monforte de Lemos, en colaboración coa Biblioteca Nodal de Lugo e con eles preténdese motivar aos nenos e nenas para que fomenten o seu espírito creativo a través, neste caso, da poesía.

Aos gañadores premióuselles con un agasallo e un diploma de honor que foron entregados polo Alcalde, José Tomé e a Concelleira de Cultura, Ensino e Xuventude, Marina Doutón. O Alcalde animou aos rapaces a continuar escribindo e salientou que o mellor agasallo deste día para eles, o que mais valor tiña, era o recoñecemento ao seu esforzo e a valoración ao seu traballo. Tamén agradeceu a participación de todos os nenos e nenas e animounos a seguir desenvolvendo esta labor creativa e a seguir participando nos diferentes concursos que se convocan dende o Concello ó longo do ano.

Os galardóns, nas súas distintas categorías, foron entregados a:

Categoría B: De 9-10 e 11 anos

Primeiro Premio: Dayma Pino Valcárcel . Colexio Ferroviario.

Segundo Premio: Darlyn Giraldo Quiceno. Colexio A Gándara.

Terceiro Premio: Cayetana Rodríguez Carrera. Colexio Pais Escolapios.

Accesits:

-Alejandro Álvarez Sánchez. Colexio A Gándara

-Irea González García. Colexio Ferroviario

-Elia Vázquez Ríos. Colexio Pais Escolapios

Categoría C: De 12 a 15 anos

Primeiro Premio: Sabela Castro González . Fundación Torre de Lemos.

Segundo Premio: Mara Ledo Escudero. Colexio Ferroviario.

Terceiro Premio: Xurxo González Rodríguez. IES Río Cabe.

Accésits :

-Carla Rodríguez Rodríguez. Colexio Ferroviario.