O Concello de Monforte súmase ó Día Internacional da Loita contra o uso indebido e o tráfico ilícito de drogas.

-A Torre da Homenaxe de San Vicente permanecerá iluminada na tarde-noite de hoxe, día 26 de xuño en cor verde, baixo a campaña “As persoas primeiro: deter o estigma e a discriminación, fortalecer a prevención”.

-“O obxectivo desta campaña”, destaca o Alcalde, “é levar a cabo as accións necesarias para alcanzar unha sociedade internacional libre do abuso de drogas. As adiccións constitúen unha problemática que involucra a todos os sectores da sociedade, tanto nas súas causas como nas súas consecuencias e nas medidas e accións para combatelas”.

Monforte de Lemos, 26 de xuño de 2023.  O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informa de que hoxe día 26 de xuño, o Concello procederá á iluminación da Torre da Homenaxe de San Vicente, de cor verde con motivo do Día Internacional da Loita contra o uso indebido e o tráfico Ilícito de drogas.

En 1987, a Asemblea Xeral da Organización das Nacións Unidas (ONU) estableceu o día 26 de xuño de cada ano como o “Día internacional de loita contra o uso indebido e o tráfico ilícito de drogas”.Cada ano, a campaña da ONU céntrase nun tema concreto. Para 2023, o tema é o seguinte:   "As persoas primeiro: deter o estigma e a discriminación, fortalecer a prevención".

Moitas persoas que consumen drogas enfréntanse ao estigma e a discriminación e iso impídelles acceder á axuda que precisan, porque van minando a súa saúde física e mental. A Oficina das Nacións Unidas contra a Droga e o  Delito (UNODC) recoñece a importancia de adoptar un enfoque centrado nas persoas e nos dereitos humáns e por iso, convoca a gobernos, organizacións internacionais, sociedade civil, e a todas as partes interesadas a que tomen acción urxente para protexer ás persoas. Iso pasa polo fortalecemento da prevención e o tratamento de consumo de drogas, así como a toma de medidas ante a subministración ilícita de drogas.

“O obxectivo desta campaña”, destaca o Alcalde, “é levar a cabo as accións necesarias para alcanzar unha sociedade internacional libre do abuso de drogas. As adiccións constitúen unha problemática que involucra a todos os sectores da sociedade, tanto nas súas causas, como nas súas consecuencias, e nas medidas e accións para combatelas”.

O Día Internacional da loita contra o uso indebido e o tráfico ilícito de Drogas, busca desenvolver estratexias pedagóxicas específicas para cada realidade estatal, para que os mozos coñezan os efectos nocivos do consumo de estupefacientes, desenvolver políticas preventivas a través da información, fortalecer valores a través da defensa da familia como núcleo básico da sociedade, e establecer redes de institucións, comunidades e ONG’ s que traballan no ámbito da prevención.