A Tenente de Alcalde, Gloria Prada e o Concelleiro de Obras, Medio Rural e Servizos acuden á festividade de San Blas en representación do Alcalde de Monforte de Lemos

Monforte de Lemos, 3 de febreiro de 2023.  A Tenente de Alcalde, Gloria Prada e o Concelleiro de Obras, Medio Rural e Servizos, José Luis Losada, acuden á festividade de San Blas en representación do Alcalde de Monforte de Lemos.

Seguindo a tradición, hoxe venres as once da mañá celebrouse a misa matinal da festividade de San Blas. A misa tuvo lugar as 11 da mañá na Iglesia da Régoa por estar cerrada ó culto o seu escenario tradicional que é a Iglesia de San Vicente do Pino e tal e como é costume no Val de Lemos, bendecíronse as roscas dos presentes na celebración.

No interior do templo recordouse a historia de San Blas e pedíuselle como é tamén tradición a súa intercesión para protexer as gargantas de todos os presentes. Na celebración na que participaron un gran número de persoas, colaboraron os nenos do Colexio Torre de Lemos facendo as plegarias e o Coro do Trícole de Sober. 

Tal e como se anunciou onte dende O Concello, a Policía Local estableceu un dispositivo especial de tráfico que garantizou que a circulación e o acto se desenvolvese con total normalidade.