O Partido Popular ven de rexeitar o arranxo das Rúas Chantada e Morín de Monforte de Lemos

O Partido Popular ven de rexeitar o arranxo das Rúas Chantada e Morín de Monforte de Lemos.

-O pasado xoves, día 11, os parlamentarios do Partido Popular emitiron o seu voto en contra na Comisión de Obras Públicas á iniciativa presentada pola viceportavoz do Grupo Socialista que instaba á Xunta a reparar íntegramente as Rúas Chantada e Morín de Monforte de Lemos.

-Esta iniciativa recolle as reivindicacións levadas ó Pleno do Concello de Monforte do pasado 29 de abril por iniciativa do Grupo Municipal Socialista sendo aprobada por unanimidade ó coincidir todos os membros da corporación, na necesidade de arranxo destas Rúas.

-José Tomé declara estar moi decepcionado polo voto emitido en contra polos parlamentarios do Partido Popular e especialmente polo voto en contra da parlamentaria de Monforte do Partido Popular, Dña. Katy Varela, que parece defender mais os intereses de partido que os da cidade.

Monforte de Lemos, 13 de xullo de 2024. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca,  valorou moi negativamente o  resultado da votación da iniciativa presentada pola viceportavoz do Grupo Socialista no Parlamento de Galicia, Lara Méndez, este xoves pasado na Comisión de Obras Públicas instando á Xunta de Galicia á reparación das rúas Morín e Chantada en Monforte de Lemos.

Esta iniciativa, que xurde dunha moción debatida no Pleno do Concello de Monforte o pasado mes de abril e que foi presentada a instancia da Agrupación Municipal Socialista, recolle a necesidade de arranxar tanto a Rúa Chantada como a Rúa Morín polo estado de deterioro en que se atopa o firme, con fochancas e blandóns, así como as beirarrúas, que precisan de arranxos a ambas marxes da estrada.

Hai que lembrar que esta inicativa en Sesión Plenaria do Concello, o pasado 29 de abril, foi aprobada por unanimidade co voto favorable dos 4 membros do Partido Popular.

O Alcalde, que esperaba que finalmente a iniciativa prosperara na Cámara Autonómica e que por fin a Xunta de Galicia tomara conciencia da necesidade destes arranxos, califica de altamente decepcionante o voto en contra dos parlamentarios do Partido Popular do parlamento, especialmente o da voceira do Grupo Municipal do Partido Popular en Monforte, Dña Katy Varela, que no Pleno do Concello de Monforte do mes de maio votou xunto cos compañeiros de partido a favor desta iniciativa.

José Tomé non pode explicarse como a monfortina Dña Katy Varela pode votar en contra dos intereses da súa cidade despois de repetir día tras día que ela sempre vai a loitar pola cidade e polo que sexa bó para Monforte.

 O rexeitamento do voto a favor desta iniciativa polos parlamentarios do Partido Popular ven a demostrar o que reiteradamente ten manifestado José Tomé con respecto ó abandono que está a vivir Monforte por parte da Xunta de Galicia, tanto no mandato do anterior Presidente, e sendo conselleiro o monfortino Francisco Conde, e que parece polo que se ve, que continuará nesta nova lexislatura.

Sorprende que sen embargo, Monforte si sexa un destino buscado polos parlamentarios do Partido Popular cando se celebran eventos de público masivo nos que si interesa sacar a foto e deixar pegada da súa presenza pero sempre coas mans vacías.

Tomé quere recordar que Monforte é a segunda cidade da Provincia de Lugo e que non se merece o voto desfavorable dos parlamentarios do Partido Popular para que estas dúas rúas, moi transitadas e utilizadas polos veciños de Monforte, sexan arranxadas integramente e simplemente vaian a ser parcheadas sen que a Xunta lles de unha solución duradeira no tempo.  

A Rúa Chantada que ten o seu inicio no cruce da Rúa Cardeal coa Avenida de Galiza, onde está instalado o km 0 ten o seu asfalto moi deteriorado en varios puntos xerando algúns baches e tendo gretado o asfalto noutras partes do pavimento , e require tamén dunha renovación de sinalización horizontal a lo menos dende o Cruce do Cardeal á Rotonda do Hórreo, ainda que requeriría dun proxecto de desdobramento entrre a Rotonda do Hórreo e a Rotonda do Salón do Moble, onde conecta as vías de alta capacidade de Lugo e de Santiago.

A Rúa Morín ten o firme mais deteriorado con fochancas e blandóns así como as beirarrúas en mal estado, sendo de titularidade da Xunta de Galicia dende a línea dos edificios de ambas marxes desta estrada, polo que sería necesario o seu arranxo dende o Cruce coa Rúa San Pedro ata o final da recta de Ribas Altas.

No pleno do pasado mes de abril xa se puxo de manifesto que ambas rúas, que son de titularidade da Xunta, cumpren a función de estrada e de rúa ó mesmo tempo, e polo tanto necesitan ser reparadas sen demora para garantir a seguridade da cidadanía de Monforte que reclama dende fai moito tempo que sexan reparadas integramente.