ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS CURSO 2024 - 2025
O oferta deportiva divídese en actividades para nenos e nenas (entre os 6 e os 15 anos) e actividades para adultos/as (a partir de 16 anos):
Actividades para nenos e nenas:
- Golf
- Pádel
- Kung Fu
- Zumba infantil
Actividades para adultos/as:
- Ximnasia de mantemento
- Tai Chi
- Ioga
- Zumba
A actividade de cada unha das modalidades deportivas dará comezo no mes de outubro de 2024 e prolongarase ata finais do mes de maio de 2025, completando así un total de 8 meses lectivos. O custe por modalidade e alumno/a e de 92,70 € por todo o curso, cunha bonificación do 50 % para aquelas persoas que pertenzan a familia numerosa.
Todas as persoas interesadas en inscribirse nalgunha das actividades ofertadas poderano facer presentando a documentación establecida no Rexistro Municipal do Concello, de xeito presencial ou a través da sede electrónica.
O prazo de solicitudes estará aberto entre o 9 e o 20 de setembro. O 25 de setembro publicarase na páxina web do Concello a lista de admitidos e admitidas nas actividades. A lista de admitidos/as confeccionarase por rigorosa orde de presentación das solicitudes.
As persoas interesadas poderán solicitar un máximo de 2 actividades, tanto nas modalidades de nenos/as como nas modalidades de persoas adultas.
Se unha vez finalizado o prazo de inscrición dase o caso de que quedan prazas vacantes, poderanse seguir presentando solicitudes ata esgotar as prazas ofertadas.
Para a prestación do servizo de cada unha das modalidades deportivas ofertadas será necesario que a porcentaxe de inscritos na actividade acade, como mínimo, o 25% das prazas ofertadas.
O número total de prazas ofertadas dentro do programa de escolas deportivas é de 283 repartidas do seguinte xeito:
- Actividades para nenos e nenas:
- Golf: 18 prazas
- Pádel: 30 prazas
- Kung Fu: 15 prazas
- Zumba infantil: 20 prazas
- Actividades para adultos/as:
- Ximnasia de mantemento: 80 prazas
- Tai Chi: 40 prazas
- Ioga: 60 prazas
- Zumba: 20 prazas
A documentación a presentar é a seguinte:
- Modelo de solicitude normalizado SER-DE-125
- Fotocopia do DNI do solicitante
- No caso de que o solicitante sexa menor de idade fotocopia do DNI do pai, nai ou titor/a que figura como tal na solicitude.
- No caso de familia numerosa, copia do título de familia numerosa expedido polo órgano competente.
DESCARGA DE DOCUMENTACIÓN:
Composición de grupos da Escola Municipal de Pádel Curso 2024-2025
Listado de persoas admitidas e en lista de agarda nas Escolas Deportivas Municipais Curso 2024-2025
Díptico Escolas Deportivas Municipais 2025-2025
Normas de Inscrición e desenvolvemento Escolas Deportivas Municipais 2024-2025
SER-DE-125 Formulario de Inscrición Escolas Deportivas Municipais 2024-2025
Modelo Renuncia Escolas Deportivas Municipais 2024-2025