Histórico
Título | Contenido | Fecha de creación | Tipo de contenido |
---|---|---|---|
Grande éxito de participación no Entroido 2012 |
A concelleira Pilar López destacou a grande orixinalidade, humor e imaxinación do participantes e salientou a normalidade transgresora da festa que se "desenvolveu sen maiores incidentes e nun ton festeiro, e ao tempo solidario, co que os monfortinos e monfortinas demostraron que se pode pasalo ben e facer o ben". |
22/02/2012 | Noticias histórico |
Samuel Perea e Victor Gloger achegan a Monforte a gastronomía sefardí |
O malagueño Samuel Perea e o israelí Victor Gloger, fundadores da ONG “Cocina por la Paz”, fixeron unha demostración de cociña sefardí no Parador de Monforte de Lemos, nunha sesión á que asistiron oito cociñeiros/as de establecementos hoteleiros da cidade.
|
28/02/2012 | Noticias histórico |
O aforro no gasto municipal capitaliza o esforzo do Plan de Axuste |
A concelleira de facenda, Mª Xosé Vega, explicou a proposta de axuste económico que o goberno municipal someterá á aprobación da Corporación Municipal no vindeiro pleno que se celebrará na mañá do venres día 30 de marzo.
|
28/03/2012 | Noticias histórico |
Aberto o prazo de inscrición para un curso da UNED |
A Aula Universitaria da UNED de Monforte ten aberto o prazo de inscrición para o curso ¿Como educar a nosa intelixencia emocional?, que se celebrará os días 20 e 27 de abril.
En total serán 25 horas lectivas repartidas en dúas sesións de catro horas de duración e dezasete horas de traballo online.
|
13/04/2012 | Noticias histórico |
A mocidade participará en rutas guiadas para coñecer mellor a riqueza artística, histórica e literaria de Monforte |
A concellería de educación e cultura, dirixida por Pilar López, levará a cabo durante os meses de abril e maio unha serie de rutas guiadas dirixidas ó alumnado de primaria e secundaria dos diferentes centros da cidade.
|
18/04/2012 | Noticias histórico |
Mañá remata o prazo para inscribirse nos cursos "Posicionamento Web" e "Deseño Gráfico" |
O concello de Monforte, a través da aula CEMIT situada no Edificio Multiusos, impartirá ó longo deste ano 2012 os seguintes cursos:
|
03/05/2012 | Noticias histórico |
O goberno propoñerá taxas do 0,30 % para vivendas e do 0,80 % para naves industriais incluídas no listado de edificios fóra de ordenación |
O pasado 19 de abril rematou o prazo, de dous anos de duración, aberto pola Xunta de Galicia para que as edificacións rematadas antes do 1 de xaneiro do ano 2003 e que carecesen das preceptivas licenzas poideran acollerse a unha situación urbanística especial.
|
27/04/2012 | Noticias histórico |
A concelleira de facenda desminte que a limpeza do Luis Bodegas se adxudicara dúas veces |
A concelleira de facenda Mª Xosé Vega, saiu ó paso das afirmacións realizadas nun medio de comunicación polo voceiro do PSOE, José Tomé, respecto da adxudicación da limpeza das instalacións do campo de futbol Luis Bodegas.
|
27/04/2012 | Noticias histórico |
Monforte e Lugo acollerán as Xornadas Enoturísticas e Culturais dedicadas á Ribeira Sacra | 08/05/2012 | Noticias histórico | |
O barrio de As Lamas comanda a clasificación do Premio de Medio Ambiente | 14/05/2012 | Noticias histórico |
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »