Noticias:
-
AVISO: Corte ó tráfico da Rúa das Hortas por traballos de limpeza do colector de saneamento
Monforte de Lemos, 8 de outubro de 2019. O Concello de Monforte informa que mañá mércores 9 de outubro, a partir das 21:30 horas procederase ó corte do tráfico de toda a rúa das Hortas, con motivo dos traballos de limpeza do colector de saneamento. O tráfico restablecerase o antes posible, unha... -
Os empresarios contan co apoio da Deputación de Lugo e o Concello de Monforte para a electrificación da liña férrea entre Monforte e A Coruña
Monforte de Lemos, 7 de outubro de 2019. Os empresarios das provincias de Lugo e A Coruña trasladáronlle esta mañá ó Presidente da Deputación de Lugo e Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, a necesidade de que se electrifique na súa totalidade a liña básica de ferrocarril que une a capital da... -
O vindeiro luns 7 de outubro dan comezo as actividades do Plan Activa no Centro Cívico e nas parroquias de Monforte
Monforte de Lemos, 4 de outubro de 2019. O vindeiro luns, 7 de outubro, darán comezo en Monforte de Lemos as actividades do Plan Activa para o periodo outubro-decembro de 2019. As actividades iniciaranse tanto nas parroquias coma no Centro Cívico Social ubicado no paseo do Malecón de Monforte. No... -
O Concello de Monforte informa da posta en marcha dunha campaña para promover a reciclaxe de envases de vidro na hostalería da cidade
Monforte de Lemos, 3 de outubro de 2019. O Concello de Monforte informa da posta en marcha, dende hoxe xoves, dunha nova campaña na que visitará os establecementos hostaleiros para promover a reciclaxe dos residuos de envases de vidro no sector e facer efectivas as ordenanzas municipais que obrigan... -
O Alcalde presenta o Proxecto PEIM 2019 e as obras de mellora das pistas de exame do permiso de conducir
Monforte de Lemos, 2 de outubro de 2019. O Alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, presentou na tarde de hoxe, continuando co programa de melloras das infraestruturas municipais, tanto no urbano como no medio rural, dous novos proxectos, que van contribuír á mellora de novas zonas da cidade.... -
AVISO: Mañá cortarase a auga nas rúas Ferrol e Veiguiña por obras
Monforte de Lemos, 2 de outubro de 2019. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informa que mañá vaise levar a cabo un corte no subministro de auga nas seguintes rúas: - Rúa Ferrol -Travesía Veiguiña, solo na beirarrúa do lado de Facenda Os cortes realizaranse debido ás conexións que é necesario... -
O Alcalde reúnese co empresario chinés que ven de adquirir a empresa Euroserum Ibérica
Monforte de Lemos, 1 de outubro de 2019. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, recibiu esta tarde no seu despacho da Casa Consistorial, ó empresario chinés, señor Mu, que recentemente ven de adquirir a empresa láctea Euroserum Ibérica, que está situada no polígono industrial do Reboredo de... -
O Alcalde de Monforte presenta un novo parque público no barrio do Hospital Comarcal
Monforte de Lemos, 30 de setembro de 2019. O Alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, deu a coñecer hoxe un novo proxecto de parque público para a cidade, que, en verbas do Alcalde “estará ubicado na parcela que linda coa finca do Hospital Comarcal, coa rúa Corredoira, coa rúa Codesás e coa... -
Inauguración do seminario Emprendimiento en el Medio Rural
Monforte de Lemos, 30 de setembro de 2019. A 1ª Tenente de Alcalde do Concello de Monforte, Gloria Prada, inaugurou hoxe o Seminario “Emprendimiento en el Medio Rural”, que se celebra dende hoxe e ata o vindeiro xoves na sala de conferencias do Centro do Viño. Na inauguración, a Tenente de Alcalde... -
AVISO: Corte de auga en Seoane para a reparación dunha avería
Monforte de Lemos, 30 de setembro de 2019. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informa que na mañá de hoxe vaise levar a cabo un corte no subministro de auga na parroquia de Seoane. O corte realízase debido ós traballos de reparación dunha avaría na rede de auga. Agárdase que ó longo da mañá a...
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 180
- 181
- 182
- 183
- 184
- 185
- 186
- 187
- 188
- …
- seguinte ›
- última »