Noticias:

  • O Concello urbaniza a rúa Miguel de Cervantes

    A brigada de obras do concello de Monforte traballa dende comezos do pasado mes de xaneiro na urbanización da rúa Miguel de Cervantes, unha actuación que se prolongará ata o próximo mes de marzo.   Trátase dun espazo degradado que a concellería de obras, dirixida por Xosé Manuel Pavón, está...
  • A concienciación será o eixo para evitar o lanzamento de alimentos no entroido

    A concelleira de educación, Pilar López, reuniuse con representantes da práctica totalidade dos centros de ensino da cidade para falar dun aspecto negativo que nos derradeiros anos está presente na celebración do entroido monfortino   Á marxe de calquera tradición, que son abundantes e...
  • Un paso máis na promoción do emprego e do fomento empresarial

    O goberno municipal de Monforte, na Xunta de Goberno Local que se celebrará o vindeiro xoves, dará o visto e prace a solicitude da subvención para a contratación dun/dunha orientador/a laboral, en base á orde da Consellería de Traballo e Benestar do 30 de decembro de 2011, publicada no DOG o 11/...
  • Reunión a prol dun entroido responsable

    A concelleira de educación, Pilar López, convocou ós directores e directoras dos centros de ensino da cidade a unha reunión que se celebrará mañá mércores ás 16:30 h. A finalidade da xuntanza é falar cos responsables dos centros educativos sobre a celebración do entroido e sensibilizar ós mozos e...
  • O goberno municipal simplificará os trámites para a apertura de novas empresas e negocios

    O goberno monfortino traballa na redacción dunha ordenanza reguladora da apertura de establecementos para o exercicio de actividades non sometidas a avaliación da incidencia ambiental, ordenanza que debaterá a Corporación Municipal na sesión plenaria do vindeiro mes de febreiro.   A...
  • O Concello aportará 20.000 euros a Cáritas para axudar ós máis desfavorecidos

    Severino Rodríguez e Pilar López reuníronse con integrantes de Cáritas para coñecer as necesidades deste colectivo no labor que desenvolven coas persoas máis desfavorecidas da sociedade monfortina, e para explicarlles as propostas do Concello destinadas a incrementar a súa colaboración con eles...
  • O alcalde leva ó Pleno dúas propostas de interese social

    O alcalde levará á próxima sesión plenaria, que se celebrará o vindeiro luns día 30 de xaneiro, dúas propostas cun amplo carácter social e que responden ás demandas plantexads por dous colectivos cidadáns   A primeira delas, da que xa se falou, reclama a construción en Monforte dun centro de...
  • Hoxe comeza o proceso para que a veciñanza elixa ós seus pedáneos/as

    Dende hoxe mércores e ata o sábado día catro de febreiro levarase a cabo o proceso para a elección dos pedáneos/as de tódalas parroquias do Concello.   A elección de pedáneos/as por parte dos seus conveciños é algo habitual dende que Severino Rodríguez é alcalde de Monforte. O sistema...
  • O Concello estuda cobrarlle ás entidades bancarias polos caixeiros

    O Concello de Monforte, tal e como están facendo outras entidades municipais galegas e do resto do Estado, estuda a posibilidade de establecer unha taxa polo aproveitamento especial de terreos de dominio público con caixeiros automáticos, instalados na fachada de establecementos bancariose con...
  • O Concello incrementará a colaboración con Cáritas

    O alcalde e a concelleira de benestar social reuniranse este venres, ás 10 da mañá no local de Cáritas, con integrantes deste colectivo.   A reunión, solicitada polo rexedor municipal, ten como finalidade coñecer de primeira man como está afectando a actual situación de crise económica e...