Actividades

REDE GALEGA DE TEATROS E AUDITORIOS -MONFORTE DE LEMOS programación primeiro semestre 2021

 

O teatro volverá ser protagonista da actividade cultural deseñada pola concellería de Cultura de Monforte para o ano 2021.

No primeiro semestre deste ano teremos a oportunidade de asistir a cinco representacións de compañías profesionais dirixidas ó público adulto e representaranse de xaneiro a abril.

A participación do Concello na programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios permitirá que se acheguen a Monforte as seguintes compañías e obras:

Programación Adultos:
-O MOZO DA ÚLTIMA FILA de REDRUM TEATRO /xoves 28 de xaneiro  
-O MEL NON CADUCA de IBUPROFENO TEATRO /xoves 25 de febreiro     
-MACBETH. O RUÍDO E A FURIA de ESTUDO MOMENTO /xoves 11 de marzo   
-FEMINÍSSIMAS da compañía  DE STE XEITO /xoves 25 de marzo   
-A LINGUA DAS BOLBORETAS da compañía  SARABELA TEATRO /xoves 22 de abril   

As representacións levaranse a cabo no Edificio Multiusos ás 20:15 h, o prezo da entrada será de cinco euros e de tres euros para estudantes, desempregados e xubilados.

  • Entrada ata completar o aforo seguindo a normativa sanitaria no momento da actuación.  
  • A venda de entradas realizarase dende as 19:15 h  
  • A entrada ó salón de actos realizarase media hora antes do comezo da obra.

 

 

 

RED DE XUDERÍAS DE ESPAÑA /PROGRAMA BENJAMÍN DE SEFARAD e III CONCURSO DE MICRORRELATOS

Un ano máis, desde o Concello de Monforte de Lemos municipio que pertence á Red de Juderías de España pon en marcha o programa educativo Benjamín de Sefarad, co que queremos estimular a curiosidade dos máis novos sobre a herdanza xudía dos nosos pobos e cidades.

Na edición do ano pasado, máis de 500 escolares de toda España participaron no noso xogo de preguntas e respostas online Pequenos Descubridores e recibimos máis de 200 relatos ao noso II Concurso de Microrrelatos, entre os que houbo fabulosos premios e unha selección de 25 para a edición dun libro que se pode ler na nosa web.

Este ano, valémonos da paixón dos nosos mozos polas viaxes para axudarlles a descubrir máis sobre a influencia da cultura xudía nos nosos días. A través de fabulosos materiais propómoslles reflexionar sobre as viaxes do mundo xudeu e sobre as diferentes motivacións que pode levar ao ser humano a emprender unha longa viaxe.

O programa que consta dun vídeo educativo, unha exposición virtual e un caderno de traballo con preguntas e respostas, está dirixido a alumnos de 6º de Primaria e 1º da ESO a través dos centros de ensino.

Para máis información sobre este programa poñerse en contacto a través da conta de correo electrónico: descubridores@redjuderias.org

Ademais, e por terceiro ano consecutivo, quen o desexe poderá participar no III Concurso de Microrrelatos da Rede de Xudarías de España que outorga fabulosos premios en viaxes (adxuntamos bases).

Bases III concurso de microrrelatos Rede de Xuderías de España

Membros xurado