Promoción económica

 

O Concello de Monforte de Lemos ofrece o Servizo Municipal de axente de emprego e desenvolvemento local, dentro do área de Promoción económica do Concello.

Este servizo está destinado a: despedid@s, emprendedor@s, empresas, entidades e axentes económico-sociais do territorio involucrad@s no mercado de traballo e na promoción económica.

Servizos :

  • Información, orientación e procura de emprego.
  • Formación
  • Información das diferentes políticas activas de emprego postas en marcha no eido local.
  • Desenvolver estudos sobre o mercado laboral, asesoramento @s emprendedor@s, impulso a proxectos empresariais e iniciativas innovadoras que ofrecen mellores perspectivas de futuro na localidade.
  • Acompañamento técnico no inicio dos proxectos empresariais.
  • Información sobre diferentes axudas e subvencións.
  • Tramitación de expedientes no seu inicio e posta en marcha da actividade.
  • Información actualizada de axudas e subvencións (para empresas)
  • Información laboral e fiscal (para empresas)
  • Información sobre procesos de selección e recursos humanos (para empresas)
  • Información sobre igualdade, conciliación vida laboral e familiar (para empresas)
  •  

Bonificacións para empresas pola creación de postos de traballo

O Concello de Monforte de Lemos inclúe na Ordenanza Municipal Reguladora do Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras unhas bonificacións sobre a cota tributaria a satisfacer por este concepto. Estas bonificacións están condicionadas á creación de novos postos de traballo.

Para coñecer con detalle as condicións necesarias para ter dereito a ditas bonificacións, o importe das mesmas e outros aspectos relacionados con elas, consulte a mencionada ordenanza no seu Artigo 7º, apartados b), c) e d). Consulta aquí:  Impuesto_sobre_Construcións_Instalacións_e_Obras.

 

Accede a toda a información do Programa Coworking de Monforte de Lemos

Coworking