Omix

OMIX

 

OFICINA MUNICIPAL DE INFORMACIÓN XUVENIL. OMIX

O obxectivo principal da Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Monforte de Lemos é informar e asesorar @s moz@s en materias do seu interese. A oficina ademais programa e organiza actividades, cursos, conferencias .... Unha mocidade ben informada e ben organizada fai desta unha sociedade máis xusta e avanzada.

Facilítase información sobre:

  • Temas Educativos (bolsas de estudo, cursos, matrículas, centros de ensino, información de diferentes carreiras e profesións ....).    
  • Axudas e Subvencións.                                                                                                                                             
  • Premios e Concursos.
  • Traballo (emprego público e persoal, bolsas de traballo, oposicións ....) manos
  • Tempo libre (campamentos de verán, campos de traballo, viaxes, deportes, ....).
  • Temas Internacionais (programas europeos, intercambios....).
  • Temas Culturais (exposicións, teatro, música, cine, concertos, charlas, congresos ....)
  • Temas Sociais e de Saúde (racismo, sexualidade, bulimia, anorexia, drogas.....)
  • Voluntariado e Cooperación.
  • Calquera outro tema que interese ou afecte @s moz@s que acoden á Oficina.
  • Ademais facilítanse libros de consultas, guías xerais de albergues, hoteis, campings, ....

Na oficina pódense tramitar os seguintes carnés:

Carné Xove

Carné de alberguista

Carné de estudante internacional (STUDENT - ISIC) O Carné de Estudante Internacional (ISIC) é o pasaporte perfecto para obter servizos e descontos en todo o mundo. O ISIC é o único carné de estudante recoñecido internacionalmente e @s seus posuidor@s son membros dun clube global. Cada ano máis de 4.5 millóns de estudantes de 120 países utilizan o seu carné de estudante para aproveitar ofertas de viaxes, compras ou visitar museos ao redor de todo o mundo.

Carné de profesor internacional (TEACHER - ITIC) 

Carné internacional para non estudantes (IYTC) 

Carné (Bono) universitario

Podes complementar esta información acudindo a vernos e/ou a través da web da Xunta de Galicia   Accede á web