Padrón

Padrón

O departamento de Padrón e Estatística encárgase de: 

  • A Xestión do Territorio Municipal
  • A Xestión do Padrón Municipal de Habitantes, con atención directa ao cidadán
  • A Xestión do Censo Electoral, nos períodos correspondentes ás eleccións 

Para que serve o Padrón de Habitantes?

Coa inscrición no Padrón pódese acreditar a condición de veciño de Monforte de Lemos e o domicilio habitual neste municipio, aspectos que lle serán esixidos en numerosas ocasións, por exemplo: Expedición de documentos como D.N.I., pasaporte,…, matriculación en centros docentes (garderías, colexios, universidade) e solicitude de bolsas para estudos, solicitude de vivendas sociais e prestacións sociais, inclusión no Censo Electoral para poder exercer o dereito ao voto.

Para ser veciño dun municipio é necesario estar empadroado no devandito municipio. Só os inscritos no Padrón Municipal de Habitantes teñen esa condición.

  Trámites online PADRÓN

Vecinos extranxeiros

Os estranxeiros tamén poden ser veciños de Monforte de Lemos, inscribíndose no Padrón. As condicións do empadroamento varían lixeiramente segundo a orixe da persoa. Para inscribirse no padrón é obrigatorio presentar a seguinte información:Nome e apelidos, Sexo, Domicilio habitual, nacionalidade, lugar e data de nacemento. Número de documento nacional de identidade ou, tratándose de estranxeiros: Número do cartón de residencia en vigor, expedido polas autoridades españolas ou, na súa falta, número do documento acreditativo da identidade ou do pasaporte en vigor, número de identificación de estranxeiro que conste no documento en vigor. Certificado ou título escolar ou académico que se posúa.

Os trámites para empadroarse realízanse no Rexistro Xeral do Concello de Monforte, na planta baixa, en horario de atención ao público. 

Documentos que acreditan a identidade:

  • Españois: DNI ou Permiso de Conducir (para @s maiores de idade)
  • Estranxeir@s comunitari@s: Pasaporte, Tarxeta de Residencia e Carta de Identidade (para @s maiores de idade)
  • Estranxeir@s non comunitarios: Pasaporte ou Tarxeta de Residencia (para @s maiores de idade)
  • Libro de Familia: En caso de empadroar algún menor de idade

 Ley 7/1985 Reguladora Bases Réxime Local

  Real Decreto 1690/1986 Regulamento de Poboación e Demarcación das Entidades Locais

  Real Decreto 240/2007 sobre entrada, libre circulación e residencia en España de cidadáns da U.E.

  Euroresidentes

  Ley Orgánica 5/1985 do Réxime Electoral Xeral

 

Instituto Galego de Estatística