Mercados de Monforte

Mercados de Monforte

A Praza de Abastos converteuse en esceario para a celebración dos mercados de Monforte, actividade para a promoción do pequeno comercio e eixe sobre o que vira a comercialización dos produtos artesanais de calidade. Os mercados de Monforte celébranse periódicamente tendo en cada ocasión unha temática diferente.

Mercados de Monforte

Desde o Concello animamos a comerciantes, asociacións, colectivos e veciñ@s en xeral, a facer propostas e a poñer en marcha mercados que reforcen a actividade comercial e turística da cidade, nos que se coide especialmente a calidade, a orixinalidade, a presentación e a atención ao público.

@s comerciantes interesad@s en participar nestas campañas de promoción, poden poñerse en contacto coa Axente de Promoción Económica nas oficinas das Casitas da Compañía ou chamando ao teléfono 982 88 47 75.

Máis información aquí

 

MERCADO DE NADAL 2019

O Concello de Monforte informa que ven de abrir hoxe o prazo de inscrición para participar no Mercado de Nadal de Monforte de Lemos, que se celebrará na Praza de Abastos da cidade os días 21 e 22 de decembro de 2019.

Nesta nova edición do “Mercado de Nadal na Praza: Agasallos, artesanía decoración e xogos 2019”, poderán participar profesionais legalmente constituídos que acrediten o  desenvolvemento dunha actividade económica relacionada coa temática deste mercado: artesáns profesionais, empresas de decoración de Nadal e do fogar, e aquelas actividades económicas relacionadas con agasallos, xoguetería e complementos para o Nadal.

O horario de apertura dos postos será na xornada do sábado 21 de decembro, de 10:00 a 14:00 e 17:00 a 20:30 e domingo 22 de 10:30 a 14:00. Será obrigatorio manter o posto aberto nas datas e horario de apertura ao público indicadas.

O prazo de presentación de solicitudes será dende o día seguinte ó da publicación das bases na páxina web do Concello e  remata o día 28 de novembro de 2019 horas. Os interesados/as en participar deberán presentar unha solicitude, xunto coa documentación requirida nas bases de participación do Mercado de Nadal, no Rexistro Xeral do Concello de Monforte (Campo de San Antonio s/n).

Para calquera aclaración, os interesados poden dirixirse á Axente de emprego e desenvolvemento local do Concello de Monforte, acudindo á súa oficina situada nas Casitas da Compañía, s/n, ou no teléfono 982 884 775.

Nadal na Praza quere ser un referente nas datas de Nadal, onde se poderán atopar agasallos de calidade artesanais e pezas únicas, así como todo tipo de artigos relacionados coas compras navideñas. Ademais da oferta de produtos dos diferentes expositores, levaranse a cabo actividades complementarias relacionadas co ocio e o lecer, co obxectivo de facer máis dinámico e atractivo o Mercado. En vindeiras datas, daremos a coñecer o programa completo de actividades.

 Bases Mercado Nadal na Praza 2019

 Solicitude Mercado Nadal 2019