Escolas Deportivas Municipais 2020-2021
O Concello de Monforte organiza, para o curso 2020 - 2021, unha serie de actividades deportivas encadradas dentro do programa de Escolas Deportivas Municipais, que pretende, entre outras cousas, complementar a oferta deportiva existente en Monforte proposta por clubs deportivos e outros entes de promoción deportiva.
As actividades deportivas propostas dentro do programa de Escolas Deportivas Municipais para o Curso 2020 – 2021, son as seguintes:
Escolas Deportivas Municipais para nenos/as:
- Golf
- Pádel
- Kung Fu
- Zumba Infantil
Escolas Deportivas Municipais para persoas adultas:
- Ximnasia de mantemento
- Tai Chi
- Ioga
- Zumba Adultos
A actividade de cada unha das modalidades deportivas comezará en outubro de 2020 e prolongarase ata finais do mes de maio de 2021.
Todas as persoas interesadas en inscribirse nalgunha das actividades ofertadas poden facelo presentando a documentación requirida no Rexistro do Concello, de xeito presencial ou a través da sede electrónica.
Composición de grupos Escola Municipal de Golf 2020-2021
Composición de grupos Escola Municipal de Padel 2020-2021
Calendario lectivo das Escolas Deportivas Municipais Curso 2020-2021
Normas de Inscrición e desenvolvemento
Modelo declaración responsable COVID-19
Díptico oferta Escolas Deportivas 2020-2021