Chan industrial

Chan Industrial

POLÍGONO INDUSTRIAL DO REBOREDO

O Polígono Industrial do Reboredo conta cunha vintena de empresas de diferentes sectores. As empresas interesadas en instalarse no P.I. do Reboredo poden recibir información e orientación na Casa Consistorial. O Polígono monfortino está xestionado por SEA,  Suela Empresarial do Atlántico.

Accede á web   http://www.seasuelo.com

 

Polígono Industrial do Reboredo

PORTO SECO

O Porto Seco, centro loxístico de distribución de mercancías, posibilitará a instalación en Monforte de importantes empresas adicadas á distribución de mercadorías ou produtos manufacturados que, ao tempo, potenciarán a actividade na estación de ferrocarril.  

Para posibilitar o asentamento das empresas era necesario dar servizo de luz, auga e saneamento. No verán de 2017 contruíuse a depuradora, completando os trámites necesarios. O punto e final a anos de xestións e traballo porase coa necesaria conexión coa N-120.