Instalacións

Instalacións

Pista polideportiva Doutor López Suárez

 

 

ÁREAS MULTIDEPORTIVAS

Pista Polideportiva Doutor López Suárez

Pista de superficie asfáltica de 45 x 22 m. cadrados. Actividade principal: fútbol sala e baloncesto. De libre acceso, non requere reserva previa.

Rúa Doutor López Suárez, s/n  27400 Monforte de Lemos

 

 

 

 

Pista Polideportiva Parque da Compañía

 

 

Pista Polideportiva Parque da Compañía

Campo da Compañía, s/n  27400 Monforte de Lemos

Pista de superficie sintética de 45 x 22 m. cadrados. Actividade principal: Baloncesto e Fútbol sala. De libre acceso, non require reserva previa.

 

 

 

 

 

Piscina climatizada municipal A Pinguela

 

ÁREA DEPORTIVA A PINGUELA

Piscina Climatizada Municipal A Pinguela

Estrada de Sober, s/n - 27400 Monforte de Lemos / Tlf. 982 402 646

A actividade principal da piscina é a natación, tamén fan fitness e actividades dirixidas en forma de cursos. A piscina conta con dous vasos, 1 de 25 x 12,5 m. / 1 de 12,5 x 6 m. (iniciación), 
saunas masculina e feminina, hidromasaxe, ximnasio e sala de actividades, cafetería. 

Horarios:

Luns a Venres de 07:30 h a 14:00 horas e de 15:00 a 23:00 horas 
Sábados de 10:00 h a 14:00 horas e de 18:00 h a 22:00 horas 

Domingos e festivos de 10:30 h a 14:30 horas

 

Pabellón Polideportivo municipal

 

Pabellón Polideportivo

Estrada de Sober, s/n  -  27400 Monforte de Lemos / Tlf. 982 403 150

Características e actividades: Cancha polideportiva de 1.200 m2, sala de actividades de 70 m2, vestiarios e bancada para 250 persoas. Pavimento sintético con iluminación. Actividade principal: Voleyball, fútbol sala e baloncesto. Outras actividades: Ximnasia de mantemento, kung fu, tai chi e clases de educación física. 

Horario: Luns a Venres de 17:00 h a 00:00 horas  -  Sábados e Domingos: En función das actividades competitivas

 

 

 

Estadio Municipal de fútbol

 

Campo Municipal de Fútbol

Estrada de Sober, s/n - 27400 Monforte de Lemos

Características: Campo de Fútbol 11 con bancada e iluminación. Pavimento de herba natural. Pista de Atletismo de 400 m de corda. Pista con 6 rúas e zonas de lanzamento e salto.

Pistas de Tenis Municipais

Estrada de Sober, s/n  -  27400 Monforte de Lemos / Tlf. 982 403 809

Características: 2 pistas con superficie asfáltica. Bancada común a ámbalas dúas.

Máis información aquí

 

Campo Municipal Luis Bodegas

 

 

Campo Municipal "Luis Bodegas"

Rúa Duquesa de Alba, s/n 27400 Monforte de Lemos

Instalación adicada á práctica do fútbol. Pavimento sintético, iluminación e bancada. Dispón de 1 campo de fútbol 11 (con posibilidade de habilitar 2 campos de fútbol 7) e 1 campo de fútbol 7 independente. Ximnasio e 6 vestiarios. 
Horarios: De Luns a Venres de 17:00 h a 23:00 horas. Sábados e Domingos en función da actividade competitiva.

 

 

 

 

INSTALACIÓNS CONVENIADAS

Son instalacións pertencentes a centros de ensino que o Concello emprega ocasionalmente para as súas actividades deportivas. O Concello establece con estes centros, convenios de colaboración ao respecto.

  • Pabellón CEIP A Gándara

Rúa María Paz de Tor, s/n 27400 Monforte de Lemos

Cancha polideportiva de 1.200 metros cadrados con pavimento de plaqueta e iluminación. Uso principal, a práctica de fútbol sala.

  • Pabellón IES Río Cabe - IES Daviña Rey

Rúa San Pedro, 12. 27400 Monforte de Lemos

Cancha polideportiva de 1.200 m. cadrados con pavimento de hormigón e iluminación. Usos principais: fútbol sala, baloncesto e ximnasia rítmica