Inclusión social

Inclusión Social

 

TRÁMITES DIRIXIDOS Á INCLUSIÓN

Renta de Integración Social de Galicia (RISGA)
É unha prestación social de carácter periódico destinada a garantir recursos económicos de subsistencia a quen careza deles, mediante un proxecto personalizado de inserción constituído por un conxunto de accións tendentes ao avance da integración persoal, familiar, social e, se é o caso, laboral, da persoa beneficiaria.

child

 

 

 

 

 

Axudas para situacións de Emerxencia Social
Axudas económicas de pago único, destinadas a paliar situacións de emerxencia que orixinen gastos extraordinarios para cubrir necesidades específicas de carácter básico e urxente.
Para os efectos desta norma considéranse situacións de emerxencia social aquelas que orixinen gastos extraordinarios para cubrir necesidades específicas de carácter básico e urxente non cubertas polos diferentes sistemas de protección.

Axudas para situacións de Emerxencia Social Municipal 

  Emerxencia Social Municipal

 Área de Política Social Xunta de Galicia

 

Programa Vivenda 10

Prorrogado o “Proxecto Vivenda 10” ata o 31/10/2019, que se desenvolve desde os Servizos Sociais comunitarios municipais desde novembro de 2016 e que ten como finalidade promover a inclusión social e mellorar as calidade de vida das familias de etnia xitana que actualmente residen no poboado de As Lamas, a través do  apoio técnico e acompañamento persoalizado por parte dunha educadora que facilite o proceso de realoxo a unha vivenda normalizada.

O proxecto enmarcase dentro do Programa de inclusión social de colectivos con dificultades de integración social e  está subvencionado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e cofinanciado Fondo social europeo 2014-2020.

Para máis información dirixirse ós Servizos Sociais municipais, emprazados no primeiro andar do Centro Cívico social, no Paseo do Malecón s/n ou no teléfono 982 41 65 41.