Histórico

Insertar las palabras para la búsqueda
Fecha inicial
Fecha final
Título Contenido Fecha de creación Tipo de contenido
A Deputación de Lugo asinou un convenio de colaboración co Consorcio de Turismo Ribeira Sacra

O delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, o nacionalista Mario Outeiro, achegouse esta mañá ata o Concello de Monforte para reunirse co presidente do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, Juan Carlos Armesto Quiroga.

 

15/07/2014 Noticias histórico
Pleno Urxente e Extraordinario do 18 de xullo de 2014

ORDE DO DIA: 1.PRONUNCIAMENTO SOBRE A URXENCIA DA SESIÓN. (Art.79 do ROF). 2.ORZAMENTO XERAL DO CONCELLO DE MONFORTE DE LEMOS PARA O EXERCICIO DE 2014 (ENTIDADE LOCAL E ORGANISMO AUTÓNOMO INSTITUTO MUNICIPAL DE DROGODEPENDENCIAS), BASES DE EXECUCIÓN, CADRO DE PERSOAL-MASA SALARIAL DO PERSOAL LABORAL E TEITO DE GASTO.

18/07/2014 Plenos, Impresos, Documentos y Pregones
Pleno Ordinario do 28 de xullo de 2014 28/07/2014 Plenos, Impresos, Documentos y Pregones
Presentación das Festas Patronais 2014 e das actividades culturais e deportivas de verán

O Concello de Monforte presenta a programación das festas, así como todas as actividades de verán tanto deportivas como culturais que completan a oferta lúdica estival.

 

05/08/2014 Noticias histórico
Manola Porto, alma monfortina para un brillante pregón

A xornalista Manola Porto, nada en O Bolo (Ourense) pero afincada en Monforte desde hai 23 anos, foi a encargada de ler o pregón das festas patronais de Monforte.

 

12/08/2014 Noticias histórico
A XVII Feira do Libro encherá de actividade a rúa do Cardeal

A concelleira de Cultura, Pilar López, a coordinadora da Federación de Libreiros, Nani Regueira, e a delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, presentaron a XVII Feira do Libro de Monforte de Lemos que se desenvolverá do 20 ó 23 de agosto na zona peonil da rúa do Cardeal.

 

18/08/2014 Noticias histórico
Margarita Rodríguez Otero inaugurou a Feira do Libro

A XVII Feira do Libro de Monforte de Lemos foi inaugurada no día de onte co pregón da escritora monfortina Margarita Rodríguez Otero, quen estivo acompañada por autoridades locais e representantes da Federación de Libreiros e da Xunta de Galicia.

 

21/08/2014 Noticias histórico
Os servizos económicos e xurídicos municipais non dan o visto bo á proposta do PP para pagar as subvencións

O alcalde compareceu en rolda de prensa para informar sobre a non validez da proposta do Partido Popular para poder pagar as subvencións e as axudas a diferentes entidades e persoas, e para lamentar a ausencia de propostas do Partido Socialista.

 

28/08/2014 Noticias histórico
Pleno Ordinario do 4 de Setembro de 2014

ORDE DO DIA: 1. ACTA ANTERIOR, CORRESPONDENTE Á SESIÓNORDINARIA DO 28 DE XULLO DE 2014. PARTE RESOLUTIVA 2. CARÁCTER ORDINARIO DA SESIÓN.   3. MOCIÓN EN DEFENSA DO SERVIZO PÚBLICO DE CORREOS.   4. MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO BNG PARA ESIXIR AO MINISTERIO DE  FOMENTO A AXILIZACIÓN DA CONSTRUCIÓN DA VARIANTE EXTERIOR DE MONFORTE E A MELLORA DA REDE FERROVIARIA EN GALIZA.   5.

04/09/2014 Plenos, Impresos, Documentos y Pregones
Monforte acolle un foro sobre xestión de residuos municipais para a redución da pegada de carbono

O vindeiro 25 de setembro desenvolverase en Monforte un foro sobre xestión de residuos urbanos onde se analizarán algunhas das solucións que nesta materia están en marcha en diferentes puntos da xeografía española como fórmula para reducir a pegada de carbono. O Foro celebrarase no Parador de Turismo de Monforte.

 

12/09/2014 Noticias histórico