Histórico
Título | Contenido | Fecha de creación | Tipo de contenido |
---|---|---|---|
O Concello continuará investindo en medidas de aforro enerxético |
O concelleiro de Servizos Municipais compareceu en rolda de prensa para dar conta das diferentes actuacións que se levan a cabo coa finalidade de cumprir cos obxectivos do Plan de Aforro Enerxético que desenvolve a súa delegación.
|
01/12/2013 | Noticias histórico |
Pleno Ordinario do 4 de decembro de 2013 |
ORDE DO DIA: 1. APROBACIÓN ACTAS DE DATAS 28 DE OUTUBRO E 11 DE NOVEMBRO DO 2013 2. DACIÓN DE CONTA DE RESOLUCIÓNS DA ALCALDÍA da número 634 á número 736 3. DACIÓN DE CONTA MARCO PRESUPUESTARIO 2014 4. DACIÓN DE CONTA EXECUCIÓN DO ORZAMENTO 2013 3º TRIMESTRE 5. PROPOSTA DO BNG SOBRE O INCREMENTO DO CANON QUE OS CONCELLOS PAGAN A SOGAMA 6. |
04/12/2013 | Plenos, Impresos, Documentos y Pregones |
Os produtos do Nadal serán os protagonistas dos Mercados de decembro |
O Espazo Central da Praza de Abastos acollerá durante tres fins de semana do mes de decembro un Mercado dedicado ós produtos do Nadal.
|
04/12/2013 | Noticias histórico |
Na procura dunha feira renovada, cómoda e organizada |
O alcalde e a concelleira de Promoción Económica presentaron o proxecto de remodelación da feira de Monforte.
|
05/12/2013 | Noticias histórico |
A Xerencia do Catastro dá a razón a Monforte no deslinde con Sober |
A Xerencia Territorial do Catastro, dependente do Ministerio de Hacienda y Administraciones Públicas, comunicou ó concello de Monforte que “non procede efectuar a modificación de deslinde solicitada polo concello de Sober” en terreos do polígono industrial de O Reboredo.
|
08/12/2013 | Noticias histórico |
O Concello contrata cunha empresa monfortina a iluminación de Nadal |
O Concello instalará a iluminación de Nadal na Torre da Homenaxe e nas prazas da cidade (Campo de San Antonio, praza e capela de Carude, praza do Piñeiro, e prazas da Florida e da Estación). Tamén se iluminará e decorará o abeto da Compañía.
A instalación da iluminación foi contratada coa empresa monfortina Iluminaciones Fernández por un prezo de 13.000 euros. |
13/12/2013 | Noticias histórico |
O problema de SOGAMA centra unha nova xuntanza dos grupos municipais galegos |
Os alcaldes galegos volverán reunirse en Santiago de Compostela o sábado día 21 de decembro ás doce do mediodía.
A xuntanza celebrarase no mesmo lugar que se desenvolveu a derradeira reunión, en A Nave de Vidán, avenida Mestra Victoria, 44.
|
15/12/2013 | Noticias histórico |
O audiovisual contado por profesionais nunhas xornadas en Monforte |
O concello de Monforte, en colaboración coa Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo, organiza as Xornadas Audiovisuais 27400, que se levarán a cabo os días 26, 27 e 28 de decembro nas instalacións da Casa da Cultura do Concello.
|
16/12/2013 | Noticias histórico |
Amafer presenta no Concello o premio “Monforte ao Ferrocarril” |
A Asociación Monfortina de Amigos do Ferrocarril (AMAFER), en colaboración co Concello de Monforte, a Consellería de Medio Ambiente, a Deputación de Lugo, e os colexios profesionais de Xornalistas e de Enxeñeiros de Camiños e Portos, convoca un premio que recoñece o labor de persoas ou colectivos a prol do ferrocarril en Galicia.
|
18/12/2013 | Noticias histórico |
Pleno Ordinario do 30 de decembro de 2013 |
ORDE DO DIA: 1. APROBACIÓN ACTAS DE DATA 28 DE NOVEMBRO E 4 DE DECEMBRO DO 2013 2. DACIÓN DE CONTA DE RESOLUCIÓNS DA ALCALDÍA da número 737 á número 834 3. DENOMINACIÓN RÚAS: A VEIGA 4. DENOMINACIÓN RÚAS: CREACIÓN ENTIDADE POBOACIÓN DISTRIZ-DISEMINADO 5. RECTIFICACIÓN INVENTARIO 6. PROPOSTA DO PP SOBRE ELABORACIÓN DUN PLAN DE DISCAPACIDADE DO CONCELLO DE MONFORTE DE LEMOS 7. |
30/12/2013 | Plenos, Impresos, Documentos y Pregones |