Histórico

Insertar las palabras para la búsqueda
Fecha inicial
Fecha final
Título Contenido Fecha de creación Tipo de contenido
Pleno Ordinario 3 de Xaneiro de 2013

ORDE DO DÍA: 1.- Aprobación acta do Pleno de data 26 de Novembro de 2012. 2.- Dar conta de Decretos da Alcaldía (do número 618 de 20/11/2012 ata o número 684 de 26/12/2012). 3.- Modificación da Ordenanza de Administración Electrónica do Concello de Monforte de Lemos. 4.- Expediente investigación parcelas no monte comunal de Vilamarín.

03/01/2013 Plenos, Impresos, Documentos y Pregones
O Concello felicítase pola favorable resolución do conflito de Paradores

O Concello de Monforte amosa a súa satisfacción pola resolución final do conflito xurdido a raíz da intención da dirección de Paradores de poñer en marcha unhas medidas que, nun principio, afectaban gravemente tanto ós traballadores/as como ó propio funcionamento do Parador da nosa cidade.

 

03/01/2013 Noticias histórico
Ata o 15 de Xaneiro aínda se poden presentar solicitudes para un posto na Praza de Abastos

O pasado 21 de Decembro foron aprobadas as bases para a licitación do psto nº5 da Praza de Abastos de Monforte de Lemos, o prazo para presentar as solicitudes remata o 15 de Xaneiro de 2013.

11/01/2013 Noticias histórico
O PXOM sométese a debate para a súa mellora e enriquecemento, non é un documento pechado

19/01/2013 Noticias histórico
O goberno municipal solicita que a Xunta solucione o verquido de gasóleo do IES Río Cabe

O grupo de goberno rexistrou unha proposta, para ser debatida no próximo pleno, sobre o verquido de gasóleo que se produciu no depoósito do IES Río Cabe. 

 

Na moción explícase que a finais do pasado mes de decembro varios veciños e veciñas da rúa San Pedro dirixíronse ó Concello e ó SEPRONA queixándose do forte cheiro a gas oil que chegaba ós seus fogares. 

 

22/01/2013 Noticias histórico
Asinados os convenios para atender a Teleasistencia Domiciliaria

O vicepresidente da Deputación Provincial de Lugo, Antonio Veiga, asinou esta mañá no concello de Monforte os convenios para a Teleasistencia Domiciliaria cos alcaldes de Chantada, Ribas do Sil, a Pobra do Brollón e Monforte.

 

23/01/2013 Noticias histórico
Monforte solicita ser socio do Cluster da Loxística

O Concello de Monforte solicitou formalmente a súa adhesión ó Cluster da Loxística e do Transporte de Galicia, con sede en Santiago de Compostela.

 

24/01/2013 Noticias histórico
O goberno municipal solicita que a Xunta aclare cal é o seu proxecto turístico para a Ribeira Sacra

O grupo de goberno rexistrou unha proposta, para ser debatida no próximo pleno, solicitando que TURGALICIA explique por qué destinou 50.000 € á realización dun curso do “Plan de Formación para a Excelencia Turística de Galicia”.

 

27/01/2013 Noticias histórico
Pleno Ordinario 28 de Xaneiro de 2013

ORDE DO DÍA: 1.- Aprobación acta do pleno de data 21 de decembro do 2012 e 3 de xaneiro do 2013. 2.- Dar conta de decretos da Alcaldía do número 685 de data 27/12/2012 ata o número 29 de data 23/01/2013. 3.- Proposta do PP sobre amortización praza tecnico de promoción económica.

28/01/2013 Plenos, Impresos, Documentos y Pregones
Ata o 7 de febreiro pódense solicitar axudas para obras en vivendas da zona ARI

A Oficina de Rehabilitación de Monforte volveu abrir as súas portas o día 31 de xaneiro, unha vez rematado o proceso para adxudicar a nova concesión.

 

Os/as técnicos/as atenden á cidadanía nas Casiñas da Compañía, en horario de 8:00 a 15:00 h., de luns a venres, e tamén nas tardes dos martes e mércores de 16:30 a 19:00 h.

 

01/02/2013 Noticias histórico