Finaliza con éxito a primeira quenda do Campamento Deportivo de Verán do Concello de Monforte

Monforte de Lemos, 24 de xullo de 2020. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, fai un balance positivo do que foi a primeira quenda do Campamento Deportivo de Verán organizado polo Concello e que finaliza hoxe venres 24 de xullo.

“Foron 10 días de intensa actividade nos que os 72 nenos e nenas matriculados desfrutaron dun programa lúdico e deportivo moi amplo, e que contou ademais cun protocolo específico de prevención do COVID-19, o que fixo que as actividades se celebraran con total seguridade e normalidade, e que non se producira ningunha incidencia”, sinalou o Alcalde.

Tras a finalización desta primeira quenda do Campamento de Verán, o vindeiro luns día 27 de xullo tócalle o turno ós 47 nenos e nenas matriculados na segunda quenda, que se desenvolverá ata o venres 7 de agosto.

 

Ó igual que na primeira quenda, a través dos seguintes enlaces pódense descargar diferentes documentos de interese para que os participantes na segunda quenda do Campamento Deportivo de Verán coñezan todos os aspectos relativos ó desenvolvemento da mesma, especialmente o protocolo de seguridade que se pon en marcha ante o Covid-19:

 

Por outra banda, o Alcalde tamén informou de que aínda quedan prazas libres para matricularse na terceira quenda do Campamento que terá lugar entre o 10 e o 21 de agosto.

As persoas interesadas en matricularse poderano facer a través da Oficina Municipal de Deportes, sita nas Casiñas da Compañía, ou ben enviando por correo electrónico ó enderezo deportes@concellodemonforte.com o formulario de matricula que tamén se pode descargar no seguinte enlace:

Solicitude Inscrición Campamento Deportivo de Verán Monforte 2020

A data límite para realizar a matrícula na terceira quenda é o xoves 6 de agosto.

 

O Alcalde, concluíu resaltando “que dende o Concello agardamos o éxito acadado nesta primeira quenda do Campamento se faga extensivo na nova quenda que da comezo este luns, na que seguiremos extremando as medidas de seguridade e hixiene ante o Coronavirus, para que todos os nenos e nenas participantes poidan disfrutar con seguridade dun variado número de actividades, tanto deportivas coma excursións e obradoiros, e poidan así poidan gozar dunhas vacacións activas practicando actividades lúdicas de xeito saudable”.