Noticias:
-
O Concello convoca o concurso de atletas e clubs máis destacados do ano 2017
O Concello de Monforte convoca a sexta edición do concurso para elixir os atletas e os clubs máis destacados do ano 2017, incluíndo as categorías de adestradores e árbitros. As bases definitivas, que se poden consultar en Documentación Adicional, recollen, entre outras, as seguintes cuestións... -
A rúa Calvo Sotelo abre ó tráfico
Esta mañá houbo unha reunión no Concello entre o Alcalde, o concelleiro de Servizos, o director da obra de demolición e o xefe da Policía Local para valorar a situación dos traballos de derrubamento do edificio 161 da rúa Calvo Sotelo. Durante o encontro chegouse á conclusión de que a... -
O Concello instalará un novo pozo de bombeo na rúa do Caneiro para suprimir un punto de vertido ó Cabe
O Concello de Monforte vai acometer unha nova obra para seguir avanzando co seu Plan de Redución de Vertidos, desta volta, vaise eliminar un punto de vertido ó río Cabe na rúa do Caneiro, ó carón do Clube Fluvial. O Alcalde, José Tomé, explicou que “actualmente, as augas residuais e... -
O Concello celebra o Día Internacional da Muller coa elaboración do III Plan de Igualdade, con risoterapia, teatro e charlas
O Concello de Monforte conmemora o Día Internacional da Muller cun amplo programa. A primeira das actividades é un obradoiro de risoterapia, que se vai celebrar o martes, 6 de marzo, de 19 a 20:30 horas na Sala de Actividades do Centro Cívico, ubicado no Paseo do Malecón. Neste caso, as prazas... -
A II Xornada Laboralista de Lugo vaise celebrar en Monforte o venres, 2 de marzo
Este venres, 2 de marzo, o Centro Cívico de Monforte acolle a celebración da segunda Xornada Laboralista de Lugo. A conferencia inaugural, Dereito do Traballo na Constitución, estará a cargo de María Emilia Casas Baamonde, catedrática do Dereito do Traballo e da Seguridade Social da... -
As obras de pavimentación na rúa do Conde comezarán o luns, 26 de febreiro
O Concello informa ós cidadáns que o vindeiro luns, 26 de febreiro, comezarán os traballos de pavimentación da rúa do Conde. Por ese motivo, e para facilitar o acceso das máquinas á zona, vai ser preciso cortar o tráfico na praza do Conde. A previsión é que estas obras se prolonguen durante... -
As rúas Pardo Bazán, Chamoso Lamas e Padre Feijóo contarán con novos firmes nos vindeiros días
O Concello de Monforte segue adiante cos seus plans para mellorar diferentes rúas da cidade, desta volta, o Alcalde anunciou que se van realizar actuacións en Emilia Pardo Bazán, Chamoso Lamas e na rúa Padre Feijóo pola marxe esquerda da vía do ferrocarril. As tres contarán cunha nova capa... -
O Concello abre parcialmente ó tráfico a rúa Calvo Sotelo
Esta mañá houbo unha reunión, a pé de obra, entre o Alcalde, o concelleiro de Servizos, o director da obra de demolición, o xefe da Policía Local e o capataz de obras da brigada municipal para valorar sobre o terreo a situación dos traballos de derrubamento do edificio 161 da rúa Calvo Sotelo... -
O prazo para solicitar as axudas para rehabilitar vivendas na zona ARI está aberto ata o xoves, 8 de marzo
O xoves, 25 de xaneiro, publicáronse no BOP as novas bases para solicitar as axudas para rehabilitar as vivendas que están situadas no Conxunto Histórico de Monforte. As persoas interesadas en acometer algunha obra de mellora nesta zona teñen de prazo ata o vindeiro xoves, 8 de marzo, para... -
Aberto o prazo para participar no concurso de deseño de carteis das Festas Patronais 2018
Bota a andar o XXIII Concurso de deseño de carteis das Festas Patronais. A Xunta de Goberno local do Concello de Monforte xa aprobou as bases que rexerán esta nova edición, cuxo obxectivo é seleccionar o cartel anunciador dunha das citas culturais máis importantes da cidade. “A procura do...
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 215
- 216
- 217
- 218
- 219
- 220
- 221
- 222
- 223
- …
- seguinte ›
- última »