Histórico
Título | Contenido | Fecha de creación | Tipo de contenido |
---|---|---|---|
O Concello declara en ruína os outros dous edificios afectados tralo derrubamento da vivenda 159 na rúa Calvo Sotelo |
O Alcalde achegouse esta mañá ata o barrio da Estación para analizar o estado no que quedou a vivenda que se derrubou na madrugada do 31 de decembro. José Tomé supervisou a zona acompañado polo concelleiro de Servizos, o técnico de Urbanismo, o xefe da Policía Local e do capataz de obras.
|
02/01/2018 | Noticias histórico |
O percorrido alternativo da Cabalgata de Reis discorrerá polas rúas Coruña, Doutor Casares e Pontevedra |
Tal e como anunciara o Alcalde tralo derrubamento dun edificio na rúa Calvo Sotelo, o percorrido da Cabalgata de Reis vaise modificar para evitar calquera posible risco para os nenos e os seus familiares.
|
03/01/2018 | Noticias histórico |
O Alcalde reúnese co Director Xeral de Comunicación e Relacións Institucionais de INDITEX |
O Alcalde mantivo esta mañá unha reunión de traballo co Director Xeral de Comunicación e Relacións Institucionais de INDITEX, Jesús Echevarría, na súa sede de Arteixo (A Coruña).
|
09/01/2018 | Noticias histórico |
Aberto o prazo para participar no concurso de deseño de carteis das Festas Patronais 2018 |
Bota a andar o XXIII Concurso de deseño de carteis das Festas Patronais. A Xunta de Goberno local do Concello de Monforte xa aprobou as bases que rexerán esta nova edición, cuxo obxectivo é seleccionar o cartel anunciador dunha das citas culturais máis importantes da cidade.
|
30/01/2018 | Noticias histórico |