Histórico
Título | Contenido | Fecha de creación | Tipo de contenido |
---|---|---|---|
As solucións á crise que afrontan os concellos debateranse nunha reunión en Monforte |
O alcalde, Severino Rodríguez, anunciou esta mañá que o próximo día 15 de xuño celebrarase unha reunión, na Casa da Cultura de Monforte, para falar da situación que atravesan os pequenos concellos e para procurar medidas que solucionen a súa problemática.
|
05/06/2013 | Noticias histórico |
As autoridades visitan as obras da nova ETAP un ano despois do seu inicio |
O Delegado do Goberno en Galicia, Samuel Jesús Juárez, a Directora General de Aguas de las Cuencas de España (Acuaes), Aránzazu Vallejo, o Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, e o Alcalde de Monforte, Severino Rodríguez, visitaron esta mañá as obras da nova ETAP de Monforte.
|
10/06/2013 | Noticias histórico |
Monforte aspira a acoller a pretempada do Deportivo |
O adestrador do R.C Deportivo da Coruña, Fernando Vázquez, e o director deportivo do club, Ernesto Bello, visitaron esta mañá as instalacións deportivas de Monforte e o Hotel Balneario Augasantas, en Pantón.
|
14/06/2013 | Noticias histórico |
Alcaldes e concelleiros lucenses únense en defensa da administración local |
Medio cento de alcaldes e concelleiros pertencentes a 28 municipios lugueses asistiron á reunión convocada polo alcalde de Monforte, Severino Rodríguez, para falar da situación que atravesan os pequenos concellos e para procurar medidas que solucionen a súa problemática.
|
17/06/2013 | Noticias histórico |
O Concello pon en marcha un Programa de Préstamo de Libros |
A concelleira de Benestar Social, Pilar López, acompañada polas directoras dos colexios A Gándara e CEIP Monforte, Gloria Cortiñas e María Núñez, respectivamente, presentou o Programa de Préstamo de Libros posto en marcha pola súa delegación.
|
21/06/2013 | Noticias histórico |