O Alcalde decreta 3 días de loito oficial e 2 minutos de silencio pola morte en accidente de tráfico dos dous xóvenes veciños de Monforte

Monforte de Lemos, 19 de agosto de 2019. Con data 16 de agosto ocorreu un grave accidente de tráfico, que se levou a vida de dous xóvenes veciños das parroquias de Santa Mariña e Ribasaltas do Concello de Monforte.

O Alcalde da cidade, José Tomé Roca, decretou esta mañá tres días de loito oficial, durante os cales as bandeiras do Concello ondearán a media hasta.

E do mesmo xeito, tamén decretou 2 minutos de silencio, un por cada unha das persoas falecidas, ás portas da casa do Concello, que tiveron lugar hoxe luns 19 de agosto de 2019, ás 12:00 horas. Neste acto, participaron membros dos diferentes grupos que conforman a corporación municipal,  así como gran parte do persoal do Concello monfortino.