O Alcalde de Monforte presenta un novo parque público no barrio do Hospital Comarcal

Monforte de Lemos, 30 de setembro de 2019. O Alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, deu a coñecer hoxe un novo proxecto de parque público para a cidade, que, en verbas do Alcalde “estará ubicado na parcela que linda coa finca do Hospital Comarcal, coa rúa Corredoira, coa rúa Codesás e coa Ronda María Emilia Casas Baamonde”.

O primeiro paso dado polo Equipo de Goberno do Concello para poñer en marcha este proxecto foi dado polo rexedor municipal co encargo “ós técnicos municipais, ó Secretario Xeral do Concello, ó técnico de Medio Ambiente é ó Aparellador municipal, de elaborar os informes técnicos necesarios para iniciar o expediente que dea lugar á construción dun novo parque público, unha vez que estean realizados os trámites administrativos pertinentes”.

Aprobación do proxecto no Pleno Municipal de hoxe

O Alcalde informou de que o procedemento para alcanzar estes obxectivos de construción do novo parque, iniciarase hoxe mesmo coa proposta da Alcaldía que se leva á aprobación do Pleno. Nel, aprobarase a declaración de interese social da parcela onde se pretende construír o novo parque.

Posteriormente, iniciaranse os trámites para a adquisición dos terreos, que ben pode ser por mutuo acordo ou ben por expropiación. Unha vez adquiridos os terreos elaborarase o proxecto construtivo que defina os detalles do novo parque.

E finalmente, realizarase a licitación para a adxudicación do proxecto, culminando todo este proceso coa realización das obras na nova zona verde.

Carácter integral do novo parque público

As características xerais do novo parque público, en verbas do mandatario municipal “queremos que teñan un carácter integral para dar resposta a varias cuestións ó mesmo tempo, de tal xeito que vai incluír varias zonas de céspede, unha zona de xogos infantís, paseos peonís lonxitudinais e transversais, estará dotado de varios elementos biosaudables de ximnasia para maiores e finalmente contribuirá a paliar o déficit de estacionamento n zona do Hospital contando co aproximadamente 60 prazas de estacionamento para vehículos e tamén contará con estacionamentos para motos, para bicicletas e prazas para minusválidos”.

A superficie da parcela é de aproximadamente 6.212 metros cadrados, unha extensión moi importante e que ven dar un servizo público do que carece esa zona da cidade.

O custe estimado destas obras de construción do novo parque superan os 600.000 euros, repartidos en 10 apartados:

  • Movemento de terras, arredor de 22.000 euros.
  • Escollera, aproximadamente 60.000 euros.
  • Vía estacionamento e senda peonil, arredor de 129.000 euros.
  • Pintado e sinalización, aproximadamente 3500 euros.
  • Peche perimetral, aproximadamente 11.000 euros
  • Iluminación, aproximadamente 45.000 euros
  • Axardinamento, arredor de 136.000 euros
  • Área de xogos, incluído biosaudables, aproximadamente 177.000 euros
  • Mobiliario urbano, arredor de 14.000 euros
  • Proxecto de seguridade e saúde, arredor de 9.000 euros

“O custe das obras haberá que engadir o que finalmente custe á adquisición dos terreos, que neste momento descoñecemos”, sinalou Tomé Roca. O mandatario municipal concluíu afirmando que “para min como Alcalde e para o Equipo de Goberno que presido é unha satisfacción poder dotar a esta parte da cidade deste novo servizo público e que ademais contribúe a paliar o déficit de estacionamento que ten o Hospital Comarcal tanto para os veciños que van a consulta como os que van de visita. Para nós a atención ás persoas é un pilar fundamental da nosa acción de Goberno, e creemos que con esta obra contribuímos a mellorar os servizos e a calidade de vida de todos os monfortinos.”