O Concello de Monforte informa sobre a regulación do tráfico na Dr. Casares por obras mañá sábado día 14

Monforte de Lemos, 13 de marzo de 2020. O Concello de Monforte informa sobre a regulación do tráfico na Dr. Casares por obras que se levarán a cabo mañá sábado 14 de marzo, no tramo entre a baixada lateral ó Ambulatorio e o enlace con rúa Malecón.

 O tráfico cortarase a partir das 7 da mañá deste sábado 14 e será debidamente ordenado a través da sinalización correspondente, a fin de propiciar o tránsito de vehículos de forma axeitada.

As obras consistirán na corrección de baches existentes na rúa Dr. Casares, propiciados polo afundimento dalgúns adoquíns en dita calzada. Deste xeito, os traballos consistirán no levantamento dos adoquíns afundidos ou deteriorados, que serán nivelados co resto da calzada, que é de pedra. Deste xeito, rematados os traballos, a rúa volverá a contar cun firme axeitado para o correcto tránsito de vehículos.

En concreto, cortaráse o tráfico despois da baixada lateral ó Ambulatorio, que une Dr. Casares co Malecón, e a circulación quedará aberta ata este punto en forma circular, entrando por Dr. Goyanes, baixando polo lateral o Ambulatorio e saíndo por rúa Malecón hacia rúa Huertas.

Do mesmo xeito, cortaráse o tráfico de baixada pola rúa Costa da Pena dende Santo Domingo e de saída a Dr. Casares da Rúa Cabe, que se fará á rúa Malecón polo paso lateral o antigo muíño.

Para a axeitada regulación do tráfico, instalarase sinalización informativa do peche deste tramo de vía nos puntos en que os usuarios deban coñecer este corte para tomar outras rúas como alternativa nos desprazamentos cara a zona da Estación. Esta sinalización instalarase en vallas de obra homologadas e nos puntos de corte, e consistirá en sinais verticais, mentres que nos puntos informativos, instalaranse paneis con texto explicatico en vallas de obra homologadas que se indican en cada caso no croquis que se acompaña a esta nota.

Os puntos que conterán estas sinais informativas serán: Campo de S. Antonio, entrada a Méndez Casal; Rúa Santa Clara no enlace con rúa Corredoira; Praza de Dr. Goyanes, esquina con rúa Huertas e Santo Domingo, baixada cara Costa da Pena.

Dende o Concello agradecemos a comprensión dos veciños e condutores e rogamos desculpen as molestias que estes traballos poidan ocasionar.

 Croquis obras Dr Casares sabado 14 de marzo