A mostra de artesanía Artelemos celebrará a súa 21 edición do 3 ó 7 de agosto na rúa do Cardenal

Monforte de Lemos, 4 de xuño de 2019. O Concello de Monforte acaba de aprobar as bases de participación na 21ª Mostra de artesanía Artelemos. Ata o día 25 de xuño os artesáns interesados en participar poderán cursar as súas solicitudes. Este ano o evento vaise celebrar os días 3, 4, 5, 6 e 7 de agosto.

Desta volta haberá un total de 25 casetas; unha delas estará adicada á celebración de obradoiros e información da mostra, e os outros 24 postos restantes serán para a exposición e a venda de produtos artesanais.

Deste xeito, o público que se achegue poderá adquirir produtos moi variados e de diferentes disciplinas artísticas. Haberá orfebrería, cestería, coiro, lá, olería de Gundivós, cerámica,...

Outro dos atractivos de Artelemos é que vai ser posible ver en vivo a elaboración das pezas que os propios artesáns realizarán. Do mesmo xeito, os máis pequenos da casa van poder participar en diferentes obradoiros.

Os postos abrirán de 11:00 a 14:00 horas e tamén en quenda de tarde, de 18:00 a 22:00 horas.

Nos seguintes enlaces pódense descargar as Bases e a Solicitude de Inscrición de ARTELEMOS 2019:

 

 BASES_SOLICITUDE_ARTELEMOS_2019

 SOLICITUDE_ARTELEMOS_2019

Stands individuais

Cada un dos artesáns terá o seu propio stand con tarima, iluminación e rotulación promocional propia. Cómpre destacar que durante a noite haberá vixilancia ata a hora de apertura. Co obxectivo de darlle un carácter máis dinámico á mostra, haberá pasillos entre as jaimas agrupadas cada 3-4 artesáns. Neses espazos vanse colocar unhas sombrillas triangulares para facilitar o tránsito peonil ó longo da rúa Cardenal.

Neste senso, a vontade do Concello é apostar polo aproveitamento dos recursos do noso territorio, neste caso os nosos artesáns que, coa súa labor do feito a man, enriquecen e dan un valor moi fermoso e engadido á nosa cultura e tradición dentro da promoción turística da Ribeira Sacra.