A oficina de Turismo de Monforte duplica en Semana Santa e na Feira Medieval o número de persoas atendidas con respecto a 2018

 

Monforte de Lemos, 25 de abril de 2019. O Concello de Monforte informa que, segundo datos proporcionados dende a Oficina de Turismo da cidade, duplicouse, con respecto a 2018, o número de persoas atendidas nas súas instalacións durante o período vacacional da Semana Santa.

Deste xeito, o número total de persoas atendidas tanto na Oficina de Turismo como no Museo do Viño, foron de 1.107 que, con respecto aos 610 visitantes atendidos en 2018, supón un 55% máis.

En canto á procedencia, cabe resaltar, no que se refire a visitantes nacionais, que a maior afluencia correu a cargo de turistas de Madrid, Asturias e A Coruña.

Doutros países, destacou a presencia de visitantes procedentes tanto do Reino Unido como de Portugal e América Latina.

Finalmente, tamén podemos sinalar que 22 visitantes monfortinos se achegaron estes días ás devanditas oficinas de información turística.

Desde o Concello valórase moi positivamente este incremento no número de visitantes, o cal denota o crecente interese que ano a ano esperta esta zona do sur da provincia de Lugo, en especial a Ribeira Sacra e a monumental cidade de Monforte, sen esquecer tamén a celebración da edición máis exitosa da Feira Medieval, celebrada o 20 e 21 de abril, e na que se rexistrou a participación máis alta das 17 edicións celebradas.

 

Visitantes durante Semana Santa 2019

     

 

Oficina

Museo

15/04/2019

87

0

16/04/2019

66

4

17/04/2019

78

22

18/04/2019

223

30

19/04/2019

176

40

20/04/2019

168

9

21/04/2019

98

1

22/04/2019

47

0

23/04/2019

47

11

Total

990

117

1.107

E

   

Procedencia

Nacional

Internacional

Madrid

Reino Unido 

A Coruña

Portugal 

Asturias

América Latina

Nº de visitantes Monfortinos 

22

       

 

Visitantes durante Semana Santa 2018

 

Oficina

Museo

26/03/2018

54

0

27/03/2018

56

10

28/03/2018

27

2

29/03/2018

112

8

30/03/2018

104

40

31/03/2018

90

58

01/04/2018

10

2

02/04/2018

37

0

Total

490

120

610

Procedencia

Nacional

Internacional

Madrid

Reino Unido

A Coruña

Francia

Asturias

América Latina

Nº de visitantes Monfortinos

17