Este venres, conmemoración do Día Europeo da Cultura Xudía en Monforte

Monforte de Lemos, 4 de setembro de 2019. O Concello de Monforte conmemora este venres, día 6, o Día Europeo da Cultura Xudía cun acto que se desenvolverá ás 19 horas na Rúa Falagueira de Monforte, a carón do nº 9.

O acto estará presidido polo Alcalde da cidade, José Tomé Roca, e consistirá na plantación dun olivo e no descubrimento dun monolito cunha placa conmemorativa, así como a lectura dun texto de homenaxe.

Este evento, aberto á participación de toda a cidadanía de Monforte, será un acto homenaxe en lembranza da Comunidade Xudía e Xudeu Conversa monfortina que, ó longo dos séculos, coas súas vivencias e co seu traballo, contribuíron á construción e á existencia de Monforte de Lemos.