O Equipo de Goberno de Monforte destina arredor de 110.000 euros para subvencións nominativas a clubs deportivos

Monforte de Lemos, 30 de agosto de 2019. Ó longo desta semana, dende a Concellería de Deportes do Concello de Monforte, iniciouse unha rolda de contactos con cada unha das Entidades Deportivas e Clubs do Concello que teñen concedida subvención nominativa nos orzamentos do ano 2019.

Deste xeito,  tras esta comunicación, os clubs e entidades poden iniciar os trámites administrativos necesarios para a xustificación e cobro das subvencións que en cada caso teñen concedida. Para elo, terán de prazo ata o 13 de setembro para presentar a documentación requirida polo Concello para posteriormente asinar un convenio e proceder á xustificación da axuda.

Estas subvencións están destinadas a sufragar gastos de actividades de fomento do deporte e a práctica deportiva, así como para contribuír ós gastos de participación en competicións oficiais e o desenvolvemento de actividades deportivas durante a tempada 2018 – 2019.

Segundo indicou o Alcalde, José Tomé Roca, “puxémonos en contacto cun total de 30  entidades deportivas e clubs beneficiarios deste tipo de subvencións, para os que destinamos un total de 109.822,50 €, cantidade que duplica a dotación orzamentaria con respecto ó ano 2015, tal e como nos comprometemos a levar a cabo dende o Equipo de Goberno do Concello”.

 

A asignación económica que ten cada unha das entidades deportivas e clubs é a seguinte:

 

CLUB DEPORTIVO

IMPORTE SUBVENCIÓN

 
 

A.D. A Ponte Vella

962,50 €

 

A.D. Colexio Ferroviario

800,00 €

 

A.C. Castelao

1.300,00 €

 

C.P. Calasancio

15.700,00 €

 

Club Templarios Pool

540,00 €

 

Sociedade Val de Lemos Caza e Pesca

1.500,00 €

 

A.D. A Gándara

2.400,00 €

 

C.V. Ribeira Sacra

10.500,00 €

 

Club Pesca Monforte

1.100,00 €

 

Club Taekwondo Neka

3.000,00 €

 

A.D. Torre de Lemos

800,00 €

 

C.B. Val de Lemos

7.300,00 €

 

C.N. Monforte

10.020,00 €

 

A.D. Escolapios

800,00 €

 

Club de Montaña Quixós

5.000,00 €

 

A.D. Veteráns

1.600,00 €

 

Club X.R. Quicela

5.000,00 €

 

A.D. Río Cabe

1.700,00 €

 

Club Fluvial Monforte

800,00 €

 

Club Lemos

17.500,00 €

 

Club Ciclista Monforte

962,50 €

 

Club de Fútbol Monforte

8.700,00 €

 

Club de Tiro Olímpico Cabe

400,00 €

 

Sociedade Colombófila Aires de Lemos

437,50 €

 

Club de Tenis Cuatro Vientos

525,00 €

 

Castelo Bike Club

962,50 €

 

C.C. Torre San Vicente

962,50 €

 

Club Korbis

7.000,00 €

 

Sociedade Deportiva Monforte A Lagoa

450,00 €

 

Club de Pesca Río Cabe

1.100,00 €