O Concello de Monforte compra 72.000 mascarillas para o persoal propio e para distribuír ós monfortinos

Monforte de Lemos, 18 de abril de 2020. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informa de que o Concello realizou un pedido de 72.000 mascarillas quirúrxicas de protección fronte ó COVID-19, facendo un encargo o día 13 de abril e seguintes, mediante trámite de emerxencia deste subministro de mascarillas por un importe duns 55.000 euros con fondos propios do Concello, realizando este pedido a diversas empresas para poder acopiar a totalidade desta cantidade de elementos de protección nun prazo aproximado de entre 10 e 15 días, aínda que se van ir recibindo cantidades parciais con anterioridade.

O Alcalde ordenou comprar estas 72.000 mascarillas, que serán sufragadas con fondos propios do Concello, das cales 10.000 son adquiridas a dúas empresas de Monforte, que están colaborando co Concello, como son Calzados Losal e CURGAL.

O mandatario municipal explica que se compra este material “nun mercado moi convulso e con escaseza de mascarillas, para a protección fronte ó coronavirus do persoal propio do Concello, así como das persoas usuarias dos servizos públicos que presta o Concello, como son por exemplo os centros de atención a maiores ou a axuda a domicilio”.

Tamén quere repartir a todos os veciños de Monforte mascarillas para que se sintan protexidos e poidan tomar as medidas de proteccións con estes materiais que fan de barreira para non contaxiarse nin contaxiar a outras persoas co virus Covid-19.

“O Concello é a institución máis próxima ós veciños, e temos que estar con eles en momentos tan difíciles como estes para afrontar a crise do coronavirus unidos e en total coordinación e cooperación, nos que a alta demanda de mascarillas de protección fai que moitos veciños e veciñas non poidan acceder a elas”.

Por este motivo, “o Concello de Monforte quere xogar un papel clave, facilitando ós monfortinos, na medida das nosas posibilidades, os recursos de protección tan necesarios nestes tempos”, salientou o Alcalde.

Unha vez recibido a totalidade das mascarillas, o Concello vai establecer un sistema de reparto de 3 mascarillas por veciño censado no noso Concello. A mecánica do reparto será dada a coñecer públicamente para coñecemento de todos os veciños e veciñas de Monforte que estean censados no Padrón de habitantes, co obxectivo de evitar picarescas e para que todos teñan as mesmas oportunidades no reparto das citadas mascarillas, sendo deste xeito o Concello que máis elementos de protección entrega de xeito individual ós seus cidadáns.

Se fose necesario, o Concello tamén surtirá de mascarillas en caso necesario a empresas, asociacións ou sectores económicos que poidan ter necesidades puntuais para facilitar as súas actividades con normalidade, igual que fixo coas entregas que se viñeron facendo ata o de agora.

Con esta actuación o Concello pretende dar unha resposta global ó conxunto da cidadanía, do tecido asociativo e os sectores produtivos, para que a cidade de Monforte padeza o menos posible as consecuencias do coronavirus que tanto está afectando á saúde das persoas.