O Concello de Monforte conmemora o Día Internacional da Muller Rural con diversas actividades

Monforte de Lemos, 14 de outubro de 2020. Mañá xoves día 15 de outubro celebrase o Día Internacional da Muller Rural, como recoñecemento a labor imprescindible que realizan as mulleres no medio rural. Neste senso, o Concello de Monforte súmase a este recoñecemento e  conmemora este día con diversas actividades organizadas dende a Concellería de Muller e Igualdade e a través do Centro de Información á Muller.

Así, mañá xoves 15 de outubro, ás 20.15 horas no Salón de Actos do Edificio Multiusos, e en colaboración ca Concellería de Cultura, dentro da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios, representarase a obra teatral Bernarda de Malasombra Produccións.

Obradoiro de Habilidades Dixitais Básicas para o Emprego

Dende a Consellería de Muller e Igualdade, considérase que as mulleres rurais son os axentes clave para conseguir os cambios económicos, ambientais e sociais necesarios para o desenvolvemento sostible no medio rural.

Deste xeito, organízase o Obradoiro de Habilidades Dixitais Básicas para o Emprego, formación a través da cal preténdese facilitar e potenciar a participación, empregabilidade e emprendemento das mulleres a través da adquisición de competencias dixitais e o uso de ferramentas tecnolóxicas.

Este obradoiro desenvolverase de forma gratuíta na modalidade en liña ao longo de 3 xornadas cunha duración de 3 horas cada unha.

As sesións terán lugar, o xoves 29 e venres 30 de outubro, e a última o mércores 4 de novembro, todas elas en horario de  10:00 a 13:00 horas.

Para o desenvolvemento da mesma, unicamente será necesario ter un dispositivo tecnolóxico (móbil, tablet ou ordenador) con conexión a internet.

As persoas que estean interesadas deberán realizar a inscrición previa no CIM a través de contacto telefónico 982416350 ou por correo electrónico na seguinte dirección cim@concellodemonforte.com.

Este obradoiro está organizado en colaboración con Cibervoluntarios.org, Fundación Mujeres e Google.org, dentro do Programa DIXITALIZADAS e ten como obxectivo último contribuír á redución da brecha dixital de xénero, promovendo un mellor coñecemento e uso das TIC no ámbito rural, buscando promover a inserción social e laboral das  mulleres.