Monforte de Lemos, 28 de setembro de 2021. O pasado mércores 22 de setembro finalizou o prazo para presentar a solicitude de participación no programa de escolas deportivas municipais curso 2021 – 2022 do Concello de Monforte de Lemos.
Unha vez feita a revisión da documentación presentada polas persoas interesadas en participar, pódese consultar o listado de admitidos e admitidas no seguinte arquivo:
LISTADO DE PERSOAS ADMITIDAS NAS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS DE MONFORTE CURSO 2021-2022
A oferta deportiva feita polo Concello de Monforte para este curso conta cun incremento importante no número de prazas, xa que moitas das actividades duplicaron o número de grupos ofertados, con respecto á tempada anterior.
En particular, a modalidade de ioga pasa de 2 a 3 grupos, a modalidade de ximnasia de mantemento pasa de 2 a 4 grupos, a modalidade de tai chi pasa de 1 a 2 grupos e a modalidade de zumba para adultos pasa de 1 a 2 grupos.
No momento do peche das inscricións a porcentaxe de prazas cubertas sitúase no 67 %, de xeito que aínda quedan as seguintes prazas dispoñibles:
Modalidades de adultos/as:
MODALIDADE/GRUPO |
PRAZAS DISPOÑIBLES |
Ximnasia de mantemento luns – mércores 10:30 – 11:30 h. |
5 |
Ximnasia de mantemento martes - xoves 10:30 – 11:30 h. |
3 |
Ximnasia de mantemento martes - xoves 17:00 – 18:00 h. |
10 |
Tai Chi martes (19:45) – Venres (20:00) |
1 |
Tai Chi luns – xoves 17:30 – 18:30 |
5 |
Zumba luns xoves 11:00 – 12:00 |
6 |
Zumba martes - xoves 17:00 – 18:00 |
4 |
Modalidades de nenos/as:
MODALIDADE/GRUPO |
PRAZAS DISPOÑIBLES |
Pádel |
15 |
Golf |
12 |
Todas as persoas interesadas en matricularse nalgunha das prazas que quedan dispoñibles poderano facer presentando a documentación requirida no rexistro do Concello.
A actividade das escolas deportivas municipais curso 2021 – 2022 dará comezo o vindeiro luns 4 de outubro.
Todas as persoas con praza poderán comezar as clases na data e no horario indicado para cada actividade.
As persoas que queiran renunciar a algunha das prazas concedidas deberán poñerse en contacto coa Oficina Municipal de Deportes antes do inicio das clases.