O Alcalde visita o NadalPark que o CCU de Monforte celebra esta fin de semana no pavillón do Colexio Ferroviario

Monforte de Lemos, 23 de decembro de 2023. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, visitou na tarde de hoxe o NadalPark que o Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte celebra no pavillón do Colexio Ferroviario.

Na visita, estivo acompañado pola primeira Tenente de Alcalde, Gloria Prada, o Concelleiros de Servizos, José Luis Losada,  e a presidenta do CCU, Mari Carmen Núñez.

Por segundo ano consecutivo, o CCU preparou en Monforte de Lemos este Parque Infantil de Nadal os días 22, 23 e 24 de decembro, transformando o pavillón do Colexio Ferroviario nun escenario cheo de alegría e diversión.

Na súa visita, o Alcalde participou na chocolatada con doces que dende a organización se ofreceu a todos os asistentes.

O NadalPark conta cunha ampla gama de actividades para o goce dos máis pequenos e as súas familias, incluíndo inflables variados, talleres infantís, un touro mecánico e moitas outras sorpresas

Mañá domingo abrirá en horario só de mañá, de 10.30h a 14.00h.