Arranxo de dúas avarías na rede de subministro de auga en Escultor Francisco Moure e Reboredo-Barrio A Regueira

Monforte de Lemos, 21 de marzo de 2024. O Concello de Monforte informa de dous cortes de auga, un na rúa Escultor Francisco Moure e outro na zona do Reboredo, efectuados para levar a cabo a reparación de dúas avarías na rede de suministro de auga destas zonas.

En concreto, na rúa Escultor Francisco Moure, a avaría afecta entre o número 2 e o paso a nivel da vía. Na zona do Reboredo, afecta dende o cruce da vía e no Barrio de A Regueira.

Agárdase que ambas avarías poidan ser reparadas o antes posible e procederase entón ó restablecemento do subministro de auga.

Dende o Concello, rogamos desculpen as molestias que o corte poida ocasionar.