O Concelleiro de Deportes entrega os trofeos do 1º Torneo Solidario de Fútbol Sala

Monforte de Lemos, 23 de decembro de 2023. O Concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, fixo entrega na tarde de hoxe dos trofeos e medallas do 1º Torneo Solidario de Fútbol Sala, que se celebrou hoxe e o vindeiro 30 de decembro no Pavillón polideportivo municipal de A Pinguela.

Este torneo solidario está organizado pola sección de fútbol sala do Club Lemos e conta coa colaboración do Concello de Monforte de Lemos.