O Concelleiro de Servizos entrega os trofeos do 1º Torneo Solidario de Fútbol Sala

Monforte de Lemos, 30 de decembro de 2023. O Concelleiro de Obras, Medio Rural, Servizos e Medio Ambiente, José Luis Losada, fixo entrega na tarde de hoxe dos trofeos do 1º Torneo Solidario de Fútbol Sala, que se celebrou no Pavillón polideportivo municipal de A Pinguela.

 A entrega de premios foi nas categorías alevín e cadete, entregándose copas conmemorativas ós 4 primeiros clasificados.

Este torneo solidario está organizado pola sección de fútbol sala do Club Lemos e conta coa colaboración do Concello de Monforte de Lemos.