O Concello volve a abrir mañá o Mercado de Nadal na Praza de Abastos de Monforte, con produtos navideños e actividades para toda a familia


                              Foto da inauguración polo Alcalde do Mercado de Nadal, o 22 de decembro 2023

Monforte de Lemos, 28 de decembro de 2023. O Concello de Monforte volverá a abrir as portas, mañá venres 29 de decembro, do Mercado de Nadal do Concello de Monforte, unha proposta de animación, con actividades para nenos e nenas, e propostas musicais para todos os públicos, á vez que se potencia o comercio e a artesanía.

O Alcalde, José Tomé Roca, destaca que “fomentar as compras desta época nas tendas de Monforte, no noso comercio local, para o que fusionaremos animación e ocio co comercio, nas instalacións dos mercados, como xa vimos facendo nas últimas edicións, unha oferta atractiva de ocio e animación para todos os públicos, ó mesmo tempo que se fan os mercados de tempada”.

 

Abre o Mercado de Nadal de Monforte

Deste xeito, ó igual que a pasada semana, o Mercado de Nadal de Monforte, volverá a abrir as súas portas na Praza de Abastos monfortina mañá venres 29 de decembro, con continuidade o sábado 30, en horario de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:30 horas.

No Mercado de Nadal, o visitante poderá atopar unha ampla oferta de produtos para agasallos e gastronomía navideña, a oferta de artesáns, complementos, cosmética, madeira, bixutería, moda, entre outras disciplinas artísticas, ademais dun amplo abanico de produtos gastronómicos gourmet e de produtores locais de alta calidade. Esta fin de semana, o Mercado de Nadal contará con 13 expositores cada día.

 

Programación para todos os públicos

Ademais da oferta comercial, o Mercado de Nadal contará con un variado programa de actividades dirixido a toda a familia e que se celebrará na propia Praza de Abastos.

O venres 29 ás 12 da mañá, celebrarase o Obradoiro de decoración de calcetíns navideños personalizados a cargo da artesá Beatriz Pérez. Este obradoiro está dirixido a nenos e nenas, e todas as persoas interesadas en participar nel poderán pasar 15 minutos antes a inscribirse nas propias instalacións do Mercado.

Pola tarde, ás 18:30 horas, terá lugar o ContacontosUn saco de contos” con María da Pontragha. Espectáculo de contos e música de historias da nosa cultura e tradición. María da Pontragha é educadora e antropóloga, dende sempre mantivo un vínculo moi forte coa tradición oral, tanto a través da música coma da palabra en si. No 2009 comezou a súa andaina no mundo da narración centrándose en todo o que rodea a oralidade.

Co seu espectáculo Un saco de contos leva contos e cancións de tradición oral para crianzas. Historias que beben da nosa herdanza cultural e cos que sementa as leiriñas das familias para que medren vizosas.

O sábado 30, ás 12 h., terá lugar o Obradoiro de personalización e pintado de Bolas de Nadal a cargo do artesá Noe. Este obradoiro está dirixido a nenos e nenas, e todas as persoas interesadas en participar nel poderán pasar 15 minutos antes a inscribirse nas propias instalacións do Mercado.

E ás 18:30 h. celebrarase o Espectáculo de maxiaWhy Not?2.0?” con Samuel Moreno, artista de Tomiño con gran talento e que chegou a semifinais de "Got Talent España" na edición do 2018. Ata este momento actuaba en eventos privados pero a partir dese ano despega actuando en diferentes eventos e locais de toda España.

En "Why Not? 2.0?" Samuel mestura maxia con música, tecnoloxía e humor. Diversión e interacción cos asistentes para achegar o ilusionismo a maiores e pequenos nun espectáculo ideal para público familiar.

Concerto na rúa do Cardenal para animar ó comercio e á hostalería

Como complemento e colofón a este Mercado de Nadal, pechando así o programa de actividades deste ano, terá lugar a actuación do grupo monfortino Malenne no escenario ubicado na rúa Cardenal, que animará ás rúas comerciais e os negocios de hostalería. Será o sábado 23, a partir das 20:00 horas.

 

O Alcalde anima “a todos os monfortinos e ás persoas que nos visiten estes días, que acudan ó noso Mercado de Nadal, que aposten por mercar no comercio local e disfruten da nosa hostalería, e participen neste completo programa de actividades que desenvolveremos na Praza de Abastos e na rúa do Cardenal”.