Éxito de participación na II Carreira e Andaina contra o Cancro, na que colaborou o Concello de Monforte

Monforte de Lemos, 26 de novembro de 2023. A Concelleiras de Muller e Igualdade, Margarita López, Sanidade, Drogodependencias, Tráfico e Mobilidade, Pilar Espinosa, e o concelleiro de Tecnoloxía e Innovación, Guillermo Díaz participaron na II Carreira e Andaina “Monforte en Marcha contra o Cancro”, acompañando á Presidenta da Asociación Española Contra o Cancro na provincia de Lugo, María Luz Abella, así coma outras integrantes da asociación, e membros da corporación municipal.

Este evento deportivo e solidario celebrouse este domingo 26 de novembro ás 12 do mediodía, nun circuíto urbano de Monforte dun percorrido de 5 quilómetros que tivo saída e chegada na Praza da Companía.

“Dende o Concello, a través da Concellería de Deportes, colaboramos coa Asociación contra o Cancro no deseño do percorrido desta carreira, no que participaron tanto o Técnico de Deportes como a Policía Local”, recordou Margarita López.

Ademais, para o desenvolvemento desta carreira, dende o Concello tamén se proporcionou o servizo de ambulancia, e as vallas necesarias para delimitar o circuito deseñado para a mesma. A Policía Local colaborou no corte e vixiancia do tráfico daquelas rúas polas que transcorriu a carreira: Francisco Moure, Paseo de Lugo, rúa Carude, San Lázaro Reboredo e Dalmiro de la Válgoma

O Concello colaborou activamente na II Andaina e Carreira contra o Cancro

A través da Concellería de Deportes, o Equipo de Goberno colaborou activamente coa Asociación contra o Cancro no deseño do percorrido desta carreira, no que participaron tanto o Técnico de Deportes como a Policía Local.

Ademais, para o desenvolvemento desta carreira, dende o Concello tamén se proporcionou o servizo de ambulancia, e levouse a cabo a colocación das vallas necesarias para delimitar o circuito deseñado para a mesma.

A Policía Local colaborou no corte e vixiancia do tráfico daquelas rúas polas que transcorriu a carreira, velando tamén pola seguridade dos e das participantes. Neste senso, a carreira implicou o corte das rúas Francisco Moure, Paseo de Lugo, rúa Carude, San Lázaro Reboredo e Dalmiro de la Válgoma, cortes que foron levados a cabo pola Policia municipal, cun percorrido de 5 quilómetros, con saída e chegada na Praza da Compañía.

Esta carreira popular e urbana, é de carácter benéfico e contou con categorías masculina e feminina cun primeiro, segundo e terceiro premio para cada unha.

O Concello de Monforte  leva a cabo unha colaboración constante que se traduce na cesión de 3 locais para dita asociación, desde os que atenden a enfermos e familiares relacionados con esta enfermidade. Do mesmo xeito, o Concello participa e colabora en todas cantas actividades desenvolven na cidade do Cabe.