Actualidade

A UAD do Concello de Monforte lanza unha campaña sobre os efectos negativos que sobre a condución de vehículos poden ter algúns medicamentos

Monforte de Lemos, 10 de agosto de 2021. A Unidade Asistencial de Drogodependencias do Concello de Monforte de Lemos ven de lanzar unha nova campaña na que o seu obxectivo principal é difundir os efectos negativos sobre a condución de vehículos que poden ter algúns medicamentos. Deste xeito, solicítase a implicación e a colaboración dos axentes sanitarios de Monforte e comarca, para que transmitan esta información á poboación xeral.

Para elo, repartiranse máis des 100 carteis informativos en todas as farmacias e centros sanitarios de Monforte e comarca, co obxecto de difundir ó máximo esta campaña.

“Medicamentos e condución: O papel dos profesionais sanitarios”

As lesións por accidentes de tráfico e as súas consecuencias no ámbito da saúde, social, legal e económico, constitúen un grave problema de saúde pública en todos os países, e evitalos debe ser unha prioridade. Aínda que existen diversos factores que inflúen en maior ou menor medida na orixe das lesións por accidentes de tráfico, o consumo de medicamentos é obxecto de crecente interese e é necesario que os profesionais sanitarios e a poboación xeral estean sensibilizados sobre os efectos negativos que determinados medicamentos poden ter na condución de vehículos, co fin último de previr as lesións por accidentes de tráfico.

Neste contexto esta campaña céntrase en sensibilizar e promover unha información adecuada sobre os efectos dos medicamentos na condución de vehículos aos profesionais sanitarios, así como ao público en xeral, o que inclúe non só a pacientes que utilizan medicamentos de forma ocasional e/ou habitual, senón tamén ao conxunto da poboación.

Na seguridade viaria están implicados non só os condutores de vehículos, senón tamén outros usuarios das vías, como son os peóns. Por esta razón a “información adecuada” diríxese ao público no seu conxunto, e non só aos condutores e/ou pacientes en tratamento farmacolóxico.

Esta campaña está especialmente dirixida a todos os profesionais sanitarios, que no exercicio da súa función asistencial deben garantir a información adecuada aos pacientes, e é de relevancia para aqueles profesionais sanitarios implicados nos procesos de prescrición (médicos e outros profesionais legalmente autorizados para facelo) e dispensación.

 

Informacións que deben coñecer os profesionais sanitarios e como deben transmitir esta información á poboación.

Dende a UAD detállanse ás recomendacións dirixidas ós profesionais sanitarios:

1.-Ter sempre especial precaución ao prescribir medicamentos a persoas que conducen. Débense ter en conta os seguintes aspectos:

  • Patoloxía ou síntomas a tratar.
  • Efectos do medicamento sobre a función psicomotora e a capacidade de conducir.
  • Se o paciente conduce ou non de forma habitual e especialmente se é condutor profesional.

2.-Se a utilización do medicamento pode supoñer un risco para o paciente, se é posible, deberíase:

  • Seleccionar a alternativa que non presente efectos sobre a capacidade de condución ou que estes sexan mínimos.
  • Elixir a vía de administración que produza menos efectos sistémicos (tópica, nasal).
  • Axustar a dose e/ou os horarios das tomas (por exemplo dose única nocturna).
  • Valorar sempre a especial sensibilidade aos medicamentos nas persoas maiores, os pacientes con insuficiencia renal, os diabéticos, etc.

3.- Cando un paciente consome medicamentos e sobre todo se conduce, o profesional sanitario debería darlle unhas pautas xerais:

  • Indicarlle que antes de conducir ou utilizar maquinas, debe coñecer en que medida o medicamento que está a tomar aféctalle para levar a cabo estas actividades. E que se observa que o medicamento inflúe nos seus reflexos e capacidade de concentración, prodúcelle excesiva somnolencia, etc. debe consultarllo e evitar conducir pero non deixar de tomar o medicamento.
  • Explicarlle que o efecto do medicamento maniféstase de maneira máis intensa nos primeiros días do tratamento ou en caso de cambio de dose, en especial durante as primeiras horas despois da inxesta do mesmo.
  • Lembrarlle que é importante que siga as instrucións que se lle deron en relación ao medicamento.
  • Informarlle de que beber alcol se está a tomar medicamentos pode aumentar o risco de sufrir efectos adversos (maior sedación e somnolencia, perda de reflexos, etc.) e, ademais, afectar negativamente á súa capacidade para conducir. Lémbrelle que sempre debe evitar conducir despois de consumir calquera cantidade de alcol.
  • Explicarlle que se ten que conducir de forma habitual, debe dicilo sempre, para valorar a posibilidade de atopar o medicamento que menos inflúa sobre a súa capacidade para conducir.
  • Convidarlle a consultar calquera tipo de dúbida sobre a medicación que está a tomar e os seus efectos sobre a condución.

 

Para máis información:

UNIDADE ASISTENCIAL DE DROGODEPENDENCIAS (UAD), Servizo de Prevención

Praza dá Estación – 17, 27400 - Monforte de Lemos (Lugo)

Tlf. 982 40 04 95,

e-mail: uad@concellodemonforte.com

A UAD publica o boletín Familiar do mes de Agosto

O Servicio de Prevención de Drogodependencias edita un novo número do BOLETÍN FAMILIAR do mes de Agosto 2021

O Boletín Familiar é unha iniciativa do servizo de prevención da Unidade Asistencial de Drogodependencias, adscrita á concellería de Sanidade. Nesta ocasión leva por título:

"CIBERACOSO. QUE É E COMO DETELO (PARTE 1)"

Dez cousas que os adolescentes queren saber sobre o ciberacoso

Ciberacoso é acoso ou intimidación por medio das tecnoloxías dixitais. Pode ocorrer nas redes sociais, as plataformas de mensaxería, as plataformas de xogos e os teléfonos móbiles. É un comportamento que se repite e que busca atemorizar, enfadar ou humillar a outras persoas.

Si tedes interés en consultar o boletín completo podedes facelo a través da páxina do Concello de Monforte. (Área de sanidade, UAD, apartado Boletín familiar) ou na nosa páxina de facebook:

https://www.facebook.com/UnidadAsistencialDrogodependencias/?ref=hl

 

Como sempre, estaremos á vosa disposición na nosa dirección habitual.

Tamén poderedes formular as vosas dúbidas no número de Whats App 604 059 719 ou a través da páxina do Concello, na sección de Sanidade, aí atoparedes un formulario para remitirnos a vosa consulta neste enlace.

Tamén probablemente o atopedes nas páxinas web dos vosos colexios, pois nós remitímosllos a eles con esa intención.

A UAD publica o boletín Familiar do mes de Xullo

O Servicio de Prevención de Drogodependencias edita un novo número do BOLETÍN FAMILIAR do mes de Xullo 2021

O Boletín Familiar é unha iniciativa do servizo de prevención da Unidade Asistencial de Drogodependencias, adscrita á concellería de Sanidade. Nesta ocasión leva por título:

"PREVENCIÓN DO USO INDEBIDO DE PSICOFÁRMACOS. QUE DEBES SABER SOBRE OS PSICOFÁRMACOS"

Os psicofármacos son substancias químicas que repercuten directamente no Sistema Nervioso Central, co propósito de modificar o estado de ánimo. 

Si tedes interés en consultar o boletín completo podedes facelo a través da páxina do Concello de Monforte. (Área de sanidade, UAD, apartado Boletín familiar) ou na nosa páxina de facebook:

https://www.facebook.com/UnidadAsistencialDrogodependencias/?ref=hl

 

Como sempre, estaremos á vosa disposición na nosa dirección habitual.

Tamén poderedes formular as vosas dúbidas no número de Whats App 604 059 719 ou a través da páxina do Concello, na sección de Sanidade, aí atoparedes un formulario para remitirnos a vosa consulta neste enlace.

Tamén probablemente o atopedes nas páxinas web dos vosos colexios, pois nós remitímosllos a eles con esa intención.

O Concello conmemora mañá sábado ó Día Internacional da loita contra o uso indebido e o tráfico ilícito de drogas iluminando de vermello a Torre da Homenaxe

Mañá sábado día 26 de xuño procederase á iluminación da Torre da Homenaxe de San Vicente de cor vermella con motivo do Día Internacional da loita contra o uso indebido e o tráfico ilícito de drogas, unha iniciativa levada a cabo polo Concello en colaboración coa Unidade Asistencial de Drogodependencias.

O consumo e a distribución de drogas ilegais é unha problemática global, con graves repercusións na saúde e benestar das persoas. A nivel mundial a incursión de drogas ilegais logrou traspasar fronteiras con niveis alarmantes, afectando a seguridade e o desenvolvemento sostible das nacións. A loita contra este flagelo persiste, contando co apoio de Organizacións, Fundacións e Estados Membros.

En virtude disto, a Asemblea Xeral da Organización das Nacións Unidas (ONU) aprobou no ano 1987 unha resolución para conmemorar este día, para alcanzar unha sociedade libre do abuso e tráfico ilícito de drogas, propiciar o fortalecemento da cooperación internacional e xerar políticas que contrarresten a influencia do mercado ilegal de substancias ilícitas.

A Oficina das Nacións Unidas contra a Droga e o Delito (UNODC) lidera dita campaña, dirixida á sociedade en xeral e aos mozos en particular xa que a prevalencia do consumo entre a mocidade é dúas veces maior que a da poboación en xeral e tres veces se falamos de cannabis. Cada ano, a campaña da ONU céntrase nun tema concreto.

O lema conmemorativo neste ano 2021 é “Falemos de drogas,a información salva vidas”. Un lema que convida a todas as persoas, os axentes sociais e os gobernos para deixar de lado o tabú que xeran estes temas, e falar abertamente sobre as drogas, sobre todo cos mozos, que son os que están máis expostos a este perigo.

A loita contra as drogas sempre estivo infestada de información errónea, e isto é un inconveniente para poder atallar o problema. Trátase de mellorar a comprensión do problema mundial para poder cooperar e avanzar na solución.

Baixo este lema, o obxectivo é combater a desinformación. “Debemos tratar e compartir alto e claro os feitos reais sobre as drogas. É fundamental coñecer os riscos que teñen para a saúde dos nosos veciños e veciñas, e buscar as solucións para abordar o problema das drogas, desde a prevención, o tratamento e a atención baseados en probas e o coidado das persoas con adicción ás drogas” sinala o Alcalde.

A pandemia por COVID-19 xerou unha conciencia pública sen precedentes sobre a saúde e sobre as medidas de protección para manterse saudable. O que é aínda máis importante, xerouse unha conciencia da necesidade de protexernos mutuamente. Hai un crecente sentimento de comunidade e solidariedade mundiais, así como un desexo común de garantir a atención sanitaria para todas as persoas.

O Alcalde conclúe destacando que “o Día Mundial das Drogas é un día para compartir achados de investigación, datos baseados na evidencia e información verídica que salve vidas. Debemos manter o espírito común de solidariedade, reinante durante esta crise mundial sanitaria. A campaña deste ano convídanos a participar, a posicionarnos firmemente contra a desinformación e as fontes pouco fiables. Todo o mundo debe comprometerse a distribuír só datos reais sobre as drogas apoiados pola ciencia, e a salvar vidas”.

 

 

 

A UAD publica o boletín Familiar do mes de Xuño

O Servicio de Prevención de Drogodependencias edita un novo número do BOLETÍN FAMILIAR do mes de Xuño 2021

O Boletín Familiar é unha iniciativa do servizo de prevención da Unidade Asistencial de Drogodependencias, adscrita á concellería de Sanidade. Nesta ocasión leva por título:

"SINAIS DE ALARMA ANTE UN MOZO/A QUE CONSOME SUBSTANCIAS ADICTIVAS"

Que consecuencias ten o consumo de substancias ilegais nos adolescentes? E ante que sinais debemos prestar atención ante a sospeita de que un/unha mozo/a consome drogas?

Si tedes interés en consultar o boletín completo podedes facelo a través da páxina do Concello de Monforte. (Área de sanidade, UAD, apartado Boletín familiar) ou na nosa páxina de facebook:

https://www.facebook.com/UnidadAsistencialDrogodependencias/?ref=hl

 

Como sempre, estaremos á vosa disposición na nosa dirección habitual.

Tamén poderedes formular as vosas dúbidas no número de Whats App 604 059 719 ou a través da páxina do Concello, na sección de Sanidade, aí atoparedes un formulario para remitirnos a vosa consulta neste enlace.

Tamén probablemente o atopedes nas páxinas web dos vosos colexios, pois nós remitímosllos a eles con esa intención.

Día Mundial sen Tabaco

QUENES O DEIXAN, GAÑAN
Este é o lema para o Día Mundial Sen Tabaco 2021

O Día Mundial Sen Tabaco celébrase en todo o mundo o 31 de maio de cada ano. Esta celebración anual informa o público acerca dos perigos que supón o consumo de tabaco, as prácticas comerciais das empresas tabacaleras, as actividades da OMS para loitar contra a epidemia de tabaquismo, e o que as persoas de todo o mundo poden facer para reivindicar o seu dereito á saúde e a unha vida sa, e protexer ás futuras xeracións.

Promete hoxe que deixas o tabaco!

Comprométete a deixalo


Os fumadores teñen un maior risco de desenvolver un caso severo e de morrer por COVID-19

A pandemia de COVID-19 levou a millóns de consumidores de tabaco a afirmar que desexan deixalo.

Comprométete a deixalo e asina o compromiso.

Deixar de fumar non é tarefa fácil, polo que é valente comprometerse con este obxectivo.

Lembra:

• Fixe unha data para deixar de fumar. Darse un período curto para deixar de fumar manterao enfocado e motivado para lograr o seu obxectivo. Pode empezar a deixar de fumar hoxe!

• Dígallo aos seus amigos, familiares e compañeiros de traballo. Eles poden apoiarche e animarche a non ceder a tentacións como os antollos.

• Anticípese aos desafíos. É importante que anticipe os factores causantes e os desafíos no próximo intento, especialmente durante as primeiras semanas críticas.

 • Elimine os produtos de tabaco da súa contorna. É importante minimizar a exposición aos sinais.

        Dentro das actividades realizadas pola UAD poderá visitarse unha exposición na Casa da Cultura de Monforte con traballos realizados por usuarios de Centros de Día e Asociacións de toda esta zona, aos que agradecemos a súa colaboración.

 

 

 

 

 

Datas: do 31 de maio ata o 10 de xuño.

Haberá un fotocall para que as persoas que o desexen poidan facerse unha foto e subila ás redes, e así colaborar na campaña permanente da loita contra o tabaquismo.

Colaboradores:

  • Hogar de San José.
  • Centro de día de Monforte de Lemos.
  • Centro de día de Pobra de Brollón.
  • Agora
  • Albores
  • Vida
  • AECC
  • Domus VI Bóveda.
  • Domus VI Chantada.
  • Centro de Mayores del Malecón.
  • Centro de día de Escairón.
  • Asimédica Virgen de la Luz.
  • Afamón
  • Centro de día de Chantada.
  • Espazo Xove de Chantada

        E se necesita axuda pódenos atopar en:

UNIDADE ASISTENCIAL DE DROGODEPENDENCIAS

PRAZA DA ESTACIÓN – 17

MONFORTE DE LEMOS (LUGO)

TLEF. 982 400495

e-mail: uad@concellodemonforte.com

Facebook: UNIDAD ASISTENCIAL DE DROGODEPENDENCIAS MONFORTE DE LEMOS

III e IV Encontro Ágora DGPNSD

III Encontro Ágora DGPNSD - Investigación sobre Adiccións PNSD: Xogo

Que é ÁGORA?

Ágora é un espazo de encontro virtual impulsado pola DGPNSD, no que se trata a actualidade das adiccións.

  Ponencia: Como chegamos ata aquí

  Ponencia: PPT Xogo

  Ponencia: PPT Sustratos clínicos

 

IV Encontro Ágora DGPNSD - O consumo de substancia psicoactivas e as súas consecuencias. Que nos din os datos?

  Introdución OEDA 28 abril 2021

  Ponencia: Enquisa OEDA-COVID 2020

  Ponencia SEIDA 2019 indicadores

A UAD publica o boletín Familiar do mes de Maio

O Servicio de Prevención de Drogodependencias edita un novo número do BOLETÍN FAMILIAR do mes de Maio 2021

O Boletín Familiar é unha iniciativa do servizo de prevención da Unidade Asistencial de Drogodependencias, adscrita á concellería de Sanidade. Nesta ocasión leva por título:

"CANNABIS"

O cannabis é unha droga que se extrae da planta Cannabis Sativa, con cuxa resina, follas, talos e flores elabóranse as drogas ilegais máis consumidas en España.

 

Si tedes interés en consultar o boletín completo podedes facelo a través da páxina do Concello de Monforte. (Área de sanidade, UAD, apartado Boletín familiar) ou na nosa páxina de facebook:

https://www.facebook.com/UnidadAsistencialDrogodependencias/?ref=hl

 

Como sempre, estaremos á vosa disposición na nosa dirección habitual.

Tamén poderedes formular as vosas dúbidas no número de Whats App 604 059 719 ou a través da páxina do Concello, na sección de Sanidade, aí atoparedes un formulario para remitirnos a vosa consulta neste enlace.

Tamén probablemente o atopedes nas páxinas web dos vosos colexios, pois nós remitímosllos a eles con esa intención.