Histórico
Título | Contenido | Fecha de creación | Tipo de contenido |
---|---|---|---|
A conmemoración do Día Internacional da Muller abre un amplo programa de actividades |
A conmemoración do “Día Internacional da Muller” encherá Monforte de múltiples e diversas actividades ó longo de todo o mes de marzo, actos programados pola concellería de Igualdadea través do CIM.
|
05/03/2015 | Noticias histórico |
A rúa Cardeal acolleu o acto central do Día Internacional da Muller |
Monforte conmemorou o “Día Internacional da Muller” cun actoreivindicativo que se desenvolveu na rúa Cardeal.
A concelleira de Cultura, Pilar López, deu lectura ó manifesto titulado “8 de marzo. Igualdade e Liberdade”, e as persoas que asistiron ó acto fixeron un gran lazo violeta con globos desa cor.
|
09/03/2015 | Noticias histórico |
Subvencións da Xunta para cubertas e fachadas de vivendas |
O Concello de Monforte informa sobre diversas axudas da Xunta de Galicia para a rehabilitación de cubertas e fachadas de vivendas.
No Diario Oficial de Galicia (DOG) nº 50, do 13 de marzo, a Consellería de Economía e Industria publica subvencións destinadas á rehabilitación con granito das fachadas e á renovación de cubertas de lousa e de tella cerámica.
|
17/03/2015 | Noticias histórico |
Un vagón ferroviario albergará un restaurante no centro da cidade |
Un vagón cedido ó Concello pola Fundación dos Ferrocarrís de Galicia instalarase no parque dos Condes e transformarase nunha cafetería restaurante.
A concelleira de Promoción Económica, Mª Xosé Vega, e o secretario da Fundación, Luis Blanco, explicaron en rolda de prensa os pormenores desta intervención.
|
25/03/2015 | Noticias histórico |
Pleno Ordinario do 30 de marzo de 2015 |
ORDE DO DIA: 1. ACTA ANTERIOR, CORRESPONDENTE Á SESIÓN ORDINARIA DO 4 DE MARZO DE 2015. PARTE RESOLUTIVA 2. MODIFICACIÓN DE CRÉDITO 18/2015. SUPLEMENTO DE CRÉDITO (D.A.SEXTA LOEPSF). CONTA 413. 3. MODIFICACIÓN DE CRÉDITO 19/2015. CRÉDITO EXTRAORDINARIO (D.A. SEXTA LOEPSF). INVESTIMENTOS FINANCEIRAMENTE SOSTIBLES E CONTA 413. 4. INVESTIMENTOS FINANCEIRAMENTE SUSTENTABLES. EXERCICIO 2015. 5. |
30/03/2015 | Plenos, Impresos, Documentos y Pregones |
Só 199 recibos dos case 18.000 domiciliados teñen algún tipo de recargo |
A concelleira de Facenda e primeira tenente de alcalde, Mª Xosé Vega Buján, desmentiu que o Concello xire recibos de impostos domiciliados con recargo, tal e como afirma o Partido Popular.
|
30/03/2015 | Noticias histórico |
O concello de Monforte solicitou un segundo obradoiro para a mocidade |
O concello de Monforte solicitou subvención á Consellería de Traballo e Benestar para pór en marcha un Programa Mixto de Emprego e Formación para a mocidade, o que é o mesmo, un Obradoiro de Emprego para a mocidade.
|
09/04/2015 | Noticias histórico |
A Casa da Cultura e a Biblioteca Pública xa levan o nome poeta Lois Pereiro |
Este mediodía Monforte rendeu unha sentida homenaxe a Lois Pereiro, poeta, escritor, veciño e Fillo Predilecto da cidade.
Celebrouse o acto de nomeamento da Casa da Cultura como CASA DA CULTURA POETA LOIS PEREIRO, e da Biblioteca Pública Municipal como BIBLIOTECA PÚBLICA POETA LOIS PEREIRO.
|
11/04/2015 | Noticias histórico |
Unha APP para teléfonos móbiles ofrecerá información turística e de servizos en Monforte |
O concello de Monforte porá a disposición da veciñanza e dos/das visitantes unha Aplicación de Turismo e Servizos que estará dispoñible nas principais plataformas (Android e IOS).
Esta aplicación foi encargada á empresa monfortina ProWebPC, e agárdase que antes do verán estea plenamente operativa.
|
14/04/2015 | Noticias histórico |
Aberto o prazo para solicitar subvencións para asociacións e parroquias | 21/04/2015 | Noticias histórico |